Tifón en Filipinas: protexer os nenos ante a chegada do Hagupit

Só 13 meses despois, as comunidades costeiras devastadas polo supertifón Haiyan/Yolanda enfróntanse a outro tifón que está a chegar a Filipinas. O Hagupit (en lingua local Ruby) xa está a gañar forza para golpear o país nos próximos días.

Dende UNICEF activamos unha completa preparación para axudar aos nenos e as súas familias mentres o supertifón Hagupit se move en dirección noroeste cara á parte norte de Visayas Oriental.

A nosa oficina de UNICEF en Tacloban, que se estableceu tras o tifón Haiyan,
destinou toda a súa forza de traballo, 75 persoas, ao traballo co goberno e os aliados locais na preparación da poboación.

 

Tifón en Filipinas: preparando a poboación para minimizar riscos

Xa temos subministracións esenciais listos para ser despregadas dende o noso almacén de Copenhaguen e almacéns locais en Manila, Leyte e Cotabato. Estas subministracións de emerxencia inclúen kits de auga, kits de hixiene, unidades de purificación de auga, tendas de campaña escolares, materiais para estudantes e profesores, tendas para formar espazos amigables para os nenos, subministracións médicas, alimento terapéutico para combater a desnutrición, sales de rehidratación oral, lonas e xeradores abondo para polo menos 10.000 familias.

Durante os últimos meses, dende UNICEF 
estivemos a traballar en estreita colaboración coas unidades de goberno local para construír a súa capacidade de resistencia e resposta ás emerxencias a través do fortalecemento de sistemas de redución do risco de desastres.