Tifón en Filipinas: a radio-televisión galega consegue máis de 37.000 euros

A programación especial que a Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) desenvolveu durante a Semana coa Infancia (do 18 ao 24 de novembro) en colaboración con UNICEF conseguiu 37.552 euros, cantidade que se destinará integramente aos afectados polo desvastador tifón Haiyan/Yolanda.

 

 
A cifra alcanzada case duplica á obtida o ano pasado coa mesma iniciativa. Esta vez, a maior parte das colaboracións producíronse o venres 22 no programa Luar, que realizou unha edición especial con información, entrevistas e chamamentos á cooperación cidadá. Durante o programa obtivéronse doazóns por valor de 29.212 euros.

O programa, presentado por Xosé R. Gayoso eLucía Regueiro, contou cos seus colaboradores habituais, unha entrevista á Embaixadora deUNICEF Comité EspañolAna Duato, e a intervención de artistas como Merche,Moncho Borrajo, Teté Delgado e Roberto Vilar, entre outros.
 

AxUDA A FILIPINAS

As persoas interesadas en colaborar coaemerxencia de Filipinas poden seguir enviando un SMS** coa palabraAXUDA ao28028, ou chamando ao teléfono 900 907 900.

UNICEF traballa sen descanso en Filipinas para responder ás necesidades dos máis de 5 millóns de nenos que están a sufrir as consecuencias dodesvastador tifón, o máis forte que xamais tocou a terra.

** CUSTO DA MENSAXE 1,20 € ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido paraMovistar, Vodafone, Orange,Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado porUNICEF n.atn.clte:902080900unicef.es. Información legal e protección de datos: unicef.es