Tifón en Filipinas: reestablécese o abastecemento de auga en Tacloban

 
Polo menos 200.000 persoas afectadas polo tifón Haiyan na cidade filipina de Tacloban e seis distritos veciños recuperaron o abastecemento de auga corrente para beber e cociñar, xa que dende onte á noite volveu traballar a pleno rendemento a primeira planta de tratamento de auga recuperada tras o desvastador tifón.
 

As negociacións levadas a cabo entre UNICEF, as forzas armadas de Filipinas eUSAID concluíron co compromiso de que se utilizase petróleo o exército filipino para abastecer a planta de subministración de auga durante catro días, e USAID comprometeuse a manter a subministración do combustible necesario de forma permanente.


"É moi importante subministrar 15 litros de auga potable ao día a cada persoa se queremos previr diarreas e outras enfermidades transmitidas pola auga", dixo o Representante de UNICEFen Filipinas, Tomoo Hozumi.


"Hoxe presenciamos unha mostra de colaboración indispensable entre o goberno, os doadores e os organismos da ONU que, literalmente, vai permitir salvar vidas. Grazas a estes esforzos, centos de miles de persoas agora terán suficiente auga potable para satisfacer as súas necesidades básicas para cociñar, limpar e manter a súa hixiene. "

 

Axuda a Filipinas: acceso a auga potable

O uso a pleno rendemento da planta de tratamento de auga permitirá que 30.000 conexións teñan acceso a auga potable. O aumento da produción de auga dende 15.000 litros cúbicos aos 60.000 litros cúbicos actuais reducirá as colas que se producen nas fontes públicas.


Nas últimas 48 horas,UNICEF distribuíu auga e subministracións de saneamento con avións e camións enTacloban e outras áreas afectadas, incluíndo Roxas, como parte do traballo constante por restaurar a subministración de auga potable e reducir así a ameaza de que aparezan enfermidades causadas pola falta de saneamento ou por auga contaminada.


O próximo paso será reparar as canalizacións de distribución de auga e levar auga ás zonas máis inaccesibles.

AxUDA A FILIPINAS: CoMO COLABORAR COS NenOS e FAMILIAS AFECTADAS

Se queres colaborar nesta emerxencia, podes facelo:
 
A través da nosa web.
 
Enviando un SMS* coa palabra UNICEF ao 28028
 
Chamando ao 900 907 900
 
Nas seguintes contas bancarias:
 
BBVA          0182 2370 40 0208517159
Caixabank  2100 5731 70 0200005001
Santander  0049 1804 16 2610410756
Banesto      0030 8301 78 0000046271
ING Direct   1465 0100 95 6000000000