Tifón Maysak: UNICEF prepárase ante o seu paso por Filipinas

Filipinas prepárase para a chegada do supertifón Maysak (de nome local Chedeng), que entrará no país esta Semana Santa.

 

Segundo os últimos informes, Maysak localízase a 1.280 quilómetros ao leste de Guiuan, en Samar Oriental. Ten ventos máximos de 215 quilómetros por hora preto do centro, e refachos de máis de 250 quilómetros por hora.

Espérase que Maysak entre en Filipinas a mañá do xoves 2 de abril. O seu rumbo indica que tocará terra na rexión de Bicol Oriental.

"UNICEF está preparada para dar apoio ao goberno ante unha posibleemerxencia, con subministraciónspreposicionadas nos nosos almacéns locais deManila, Tacloban e Cotabato. Cando se produce un desastre, os nenos enfróntanse ao risco de brotes de enfermidades, desnutrición, violencia e interrupción da educación. A nosa prioridade é asegurar que os nenos, os seus dereitos e benestar estean protexidos antes, durante e despois dos desastres", dixo Lotta Sylwander, representante de UNICEF Filipinas.

UNICEF ten preparados artigos esenciais que inclúen kits de auga e de hixiene, sistemas de potabilización da auga, materiais escolares, subministracións médicas, alimento terapéutico, sales de rehidratación oral, lonas e xeradores para polo menos 10.000 familias.

UNICEF conta con persoal enManila, Tacloban e Cotabato preparado para ser despregado e facer avaliacións rápidas tan pronto como viaxar sexa seguro. UNICEF, xunto co Goberno filipino
, lidera a resposta conxunta nas áreas de auga, saneamento e hixiene, nutrición e protección infantil.