Todos vacinados: H&M únese a UNICEF nesta campaña

H&M activou, por terceiro ano consecutivo, a iniciativa Redondea a túa factura, un rápido e orixinal xeito de conseguir fondos a favor de UNICEF.

Na actual edición, que estará activa ata o 13 de xuño, a multinacional sueca puxo a atención na campaña 100% todos vacinados, formando e mobilizando os seus máis de 6.000 empregados nas súas 190 tendas de España e Portugal.

En 2014, grazas á confianza e o apoio dos traballadores de H&M, os cales invitaban os seus comprometidos clientes a redondear a súa factura, conseguíronse 88.680 euros que se destinaron á compra de 206.234 vacinas contra a polio. Este ano, o obxectivo é lograr os fondos suficientes para adquirir 235.000 doses de vacinas contra esta enfermidade.

 

TODOS OS NenOS VACiNADOS

Máis dun millón e medio de nenos morre cada ano a causa de enfermidades que se poden previr cunha simple vacina. Ou o que é o mesmo, 1 neno cada 20 segundos! Non obstante, as vacinas protexen máis nenos que nunca antes e salvan entre2 e 3 millóns de vidas cada ano. En UNICEF estamos comprometidos con lograr que o 100% dos nenos estean vacinados.

A polio é unha enfermidade víricaaltamente contaxiosa que pode provocar parálise e mesmo a morte. Ao contrario que outros virus, a polio só se transmite de humano a humano.

A pesar de que o número de casos se reduciu nun 99% dende 1988, a polio segue estando presente en 11 países. No que vai de ano detectáronse 23 casos enPaquistán debido á baixa calidade das campañas de vacinación, os problemas de acceso e o rexeitamento nalgunhas comunidades ás vacinas.

UNICEF e os seus al
iadospropuxéronse o obxectivo histórico deerradicar a polio para o ano2018, un logro só equiparable á erradicación da varíola en 1980 e que require dun enorme esforzo e apoio continuado.

Axúdanos a vacinar ao 100% dos nenos. Doa agora

Ti podes ser parte deste incrible traballo. Nos axudas a vacinar o 100% dos nenos ?

Doa Agora