Toys "R" Us, con UNICEF e Escolas para África

A cadea de tendas Toys "R" Us puxo en marcha en xullo e agosto unha campaña a favor da educación dos nenos máis vulnerables de África.

 

 
Durante estes dous meses, os clientes das tendas deToys "R"Us en España poderánincrementar voluntariamente oimporte das súas compras en 1 euro ou 3 euros, contribuíndo así a que nenos e nenas de África que viven nunha situación de pobreza extrema poidan ir á escola e recibir unha educación de calidade.
 

ESCoLAS PARA ÁFRICA: 21 MILLóNS DE NenOS ESCOLARIZADOS

Escolas para África, unha iniciativa de UNICEF, a Fundación Nelson Mandela e a FundaciónPeter Krämer,escolarizou ata o momento 21 millóns de nenos orfos, nenos que viven en situación de pobreza extrema e outros nenos vulnerables de África.

A iniciativa axudou a reconstruír escolas, subministrar auga potable e servizos de saneamento, vacinación e controis de saúde para os nenos; así como comidas escolares eformación para profesores nalgunhas das zonas máis remotas.

As tendas de Toys "R" Us en toda España retomarán esta iniciativa ensetembro, coincidindo coa "volta aocole". Aínda hai uns57 millóns de nenos en idade escolar primaria quenon asisten á escola, máis de 30 millóns en África subsahariana.