Escolas para África: 21 millóns de nenos escolarizados
UNICEF, a Fundación Nelson Mandela e a Fundación Peter Krämer lanzan un chamamento para ampliar esta iniciativaUNICEF, a Fundación Nelson Mandela e a Fundación Peter Krämer lanzaron unha nova campaña de captación de fondos para conseguir 80 millóns de dólares (uns 60 millóns de euros) para axudar a que as nenas, os orfos, os nenos que viven en situación de pobreza extrema e outros nenos vulnerables de África vaian á escola e obteñan unha educación de calidade. Os aliados asinaron un Memorando de Entendemento (MoU) en Nova York, para ampliar Escolas para África, que, ata a data, beneficiou a 21 millóns de nenos.
A nova fase desta iniciativa ten como obxectivo reunir 80
millóns de dólares entre 2014 e 2017 para axudar
aos nenos máis vulnerables de 13 países africanos: Angola, Burkina
Faso, Etiopía, Guinea Bissau,
Madagascar, Malawi, Malí, Mozambique, Níxer, Ruanda, Serra Leoa,
Sudáfrica e Zimbabwe.
A firma do MoU reforza aínda máis a xa existente e continuada alianza e apoio de doadores individuais, empresas e fundacións, tales como Gucci, Fundación IKEA, Montblanc,Starwood Hotels & Resorts e moitos outros.
"A asistencia á escola e unha educación de calidade seguen sendo un reto para millóns de nenos en África que viven en comunidades onde as escolas teñen dificultades para mellorar a aprendizaxe. Ademais, estes nenos deben enfrontarse con dificultades cotiás como a pobreza e a necesidade de traballar. A alianza céntrase nos máis marxinados, dando a oportunidade a millóns de nenos de ter unha vida mellor", sinalou o doutor Nicholas Alipui, Director de Programas de UNICEF.
Cando se iniciou en 2004, Escolas para África tiña como obxectivo conseguir 50 millóns de dólares (37,5 millóns de euros) ata 2008 para axudar a máis de catro millóns de nenos en seis países. Alcanzou a súa meta un ano antes.
Na segunda fase, de 2010 a 2013, a iniciativa sumou cinco
países máis. Ata o momento, Escolas para África conseguiu máis de
164 millóns de dólares (123 millóns de euros) para programas de
educación. Sobre a base do seu éxito, a terceira fase engadiu
outros dous países: Guinea Bissau e
Serra Leoa.
"Nelson Mandela cre que a educación é a arma máis poderosa da que dispoñemos para mellorar calquera sociedade. O próximo fito de Escolas para África pon máis preto o seu sono dunha educación para todos", indicou Sello Hatang, Director Executivo da FundaciónNelson Mandela.
AULAS MÁxICAS
A iniciativa axudou a reconstruír escolas,
subministrar auga potable e servizos de saneamento, vacinación e
controis de saúde para os nenos; así como comidas
escolares e formación para profesores nalgunhas das zonas
máis remotas.
A iniciativa tamén apoia o labor do Instituto Nelson Mandela (NMI) enEastern Cape(Sudáfrica), que ten como obxectivo mellorar o acceso a unha educación de calidade nas zonas rurais a través da investigación, o desenvolvemento do profesorado e do liderado, a mobilización da comunidade e a construción de institucións públicas sólidas e duradeiras.
O NMI introduciu o concepto de Aulas Máxicas, un enfoque innovador que pretende crear un ambiente no que a aprendizaxe e o ensino sexan divertidos. Na actualidade hai máis de 70 Aulas Máxicas dinámicas e cheas de cor para nenos de entre 6 e 9 anos de idade enQunu, Mqanduli e Bizana enEastern Cape.
57 MILLóNS DE NenOS SeN ESCOLARIZAR
A necesidade de financiamento é crucial porque, a pesar
dos importantes avances en materia de educación durante na última
década, segundo os datos publicados a semana pasada polaEducación para Todos(EPT) Informe sobre seguimento
mundial, dos 57 millóns de nenos en idade escolar
primaria que non asistían á escola en 2011, case 30
millóns se encontran en África
subsahariana.
A rexión tamén ten a taxa de abandono escolar máis alta de todo o mundo. Máis dun de cada cinco nenos en idade escolar ou ben nunca asistiu á escola ou a abandonou antes de completar o último grao da educación primaria.