Traballando para combater a desnutrición en Etiopía
A rexión de Borena (Etiopía, preto da fronteira con Kenya) está a sufrir os efectos da grave seca que asola o país. A poboación está a perder os seus gandos, a súa principal fonte de subsistencia, o que afecta gravemente as súas posibilidades de nutrición.
Os nenos son os máis vulnerables ante esta situación e moitos deles sofren desnutrición.UNICEF está a traballar para diagnosticar e tratar os nenos afectados. "En gran parte é unha comunidade que se dedica ao pastoreo e se gaña a vida mediante a venda de leite, a través da que alimentan os seus fillos," afirma Kalkidan Yimam, promotora comunitaria da saúde. "Agora, como o gando morreu, non teñen nada que dar de comer aos seus fillos e, como resultado, os nenos están sufrindo", engade.
Kalkidan Yimam e Tesfaye Chaltu traballan no programa de atención terapéutica para pacientes ambulatorios (OTP) de UNICEF. Cada día, percorren o camiño para visitar os nenos con desnutrición severa.
a historia de Berida e Firdoze
Berida Jateni laméntase dos efectos da seca. A súa filla, Firdoze, de 10 meses, sofre desnutrición severa. "Firdoze adoitaba beber leite de vaca, pero agora non temos, porque todas as vacas morreron", explica.Kalkidan explica que se encontraron con Firdoze cando ían de casa na casa para comprobar o estado de desnutrición dos nenos. Cunha fita métrica especial arredor do brazo da nena, determinouse que sufría desnutrición severa, que require tratamento inmediato e atención médica urxente. Tiveron que levala ao centro de saúde. Cando chegou, Firdoze pesaba 5,7 quilogramos. "Estaba en condicións realmente malas", afirmou Kalkidan, polo que se seguiu o protocolo de admisión e empezou a dar á nena alimentos terapéuticos listos para o seu uso. "Agora, o seu peso vai en aumento", afirma Kalkidan con orgullo, sinalando que agora pesa 6,4 quilos, dúas semanas despois do inicio do tratamento.
necesítanse máis recursos
EnEtiopía están a operar máis de 16.000 puntos de saúde. Dende 2008, UNICEF apoiou aformación e a provisión de subministracións para os promotores da saúde do programaOTP, o que lles permite prestar o servizo a nivel comunitario a preto de 8.800 lugares.Este impresionante aumento da capacidade nacional para responder á desnutrición, está a garantir a subministración da asistencia humanitaria en Etiopía durante este tempo de crise.
Non obstante, coa peor seca dos últimos tempos, o sistema de saúde non dá de si eUNICEF está a buscar urxentemente recursos adicionais. UNICEF e os seus socios están a apoiar o Goberno de Etiopía para responder ásnecesidades inmediatas das comunidades afectadas pola seca, como en Borena. Isto debería incluír o apoio á diversificación dos medios de subsistencia.