Traxedia no Mediterráneo: declaración de UNICEF sobre os últimos naufraxios
As noticias de traxedias no mar Mediterráneo, que deixan centos de persoas, incluíndo nenos, mortas ou desaparecidas, se están a volver demasiado frecuentes e o custo humano é demasiado alto.
Dous incidentes fatais no Mediterráneo en dous
días recalcan a necesidade dunha acción rápida, colectiva e
valente.
Miles de persoas fixeron unha viaxe perigosa a
Europa, dende homes e mulleres, ás veces familias enteiras en busca
de seguridade e oportunidades en Europa, a adolescentes e nenos que
foxen de conflitos brutais como o de Sirya.
Polo menos 1.600 persoas morreron no que vai de
ano, antes mesmo de pisar chan europeo.
Os nenos que fan estas viaxes están expostos aoabuso, á explotación, a unhaposible morte e, se sobreviven, a miúdo quedan en
condicións inseguras e inadecuadas, e/ou criminalizar. Isto supón
unha violación da Convención sobre os Dereitos do
Neno.
Pedimos que todas as accións sexan guiadas polo interese de cada un
destes nenos, en cada etapa do camiño. Sen importar o seu status derefuxiado ou emigrante, os nenos
deben ser atendidos nun lugar seguro, e non en centros de
detención, con acceso a educación, saúde, servizos
legais e sociais coa plena aplicación das
salvagardas existentes, especialmente para os máis
vulnerables.
Co comezo do bo tempo en Europa, cando ascifras de emigrantes adoitan aumentar, unha acción
decisiva podería evitar máis mortes sen sentido. Isto significa
manter as garantías xa existentes da Unión Europea para osmenores non acompañados, reforzar as capacidades
de busca e rescate para salvar e protexer vidas, perseguir os que
trafican con persoas, e abordar as causas fundamentais da migración
nos países de orixe, conflito, pobreza ediscriminación, para evitar máis perdas
tráxicas.