#TuVozenSiria: envía a túa mensaxe aos nenos de Siria!

Os nenos de Siria levan 5 anos soportando as terribles consecuencias da guerra no seu país. Case todos perderon a familiares e amigos; moitos tiveron que fuxir a outros países para poñerse a salvo; todos están cansados deste terrible conflito e desexan que acabe canto antes.

 

Sodes moitos os que, durante estes anos, doastes para axudar aos nenos de Siria. E tamén sodes moitos os que queredes facer algo máis. Por ese motivo, preparamos unha acción moi emocionante xunto ao programa Hora 25, de Cadea SER
 
Algunha vez pensaches no que lle dirías a todos estes nenos? Durante as próximas semanas, pódesnos deixar a túa mensaxe para os nenos de Siria na nosa páxina de Facebook ou na web da Cadea SER. A xornalistaÀngels Barceló entregará todas as palabras de apoio que nos cheguen aos nenos do campo de refuxiados de Zaatari.
 

#TUVOZENSIRIA: ÀNGELS BARCELÓ ENTREGARÁ AS  VOSAS MENSAXES

A condutora de Hora 25 viaxará co seu equipo a Xordania desde onde emitirán un programa especial para lembrar os 5 anos de guerra en Siria. Alí atoparase cun grupo de nenos aos que entregará as vosas mensaxes e un gran cartel de recordo.
 
Os nenos refuxiados sirios foron testemuñas de situacións que ningún neno do mundo debería sufrir. A maioría deles presenciaron escenas de violencia que dificilmente esquecerán; unha violencia que un día obrigou á súa familia para fuxir a outro país porque no seu xa non quedaban esperanzas.
 

#TUVOZENSIRIA: TÍ PODES CAMBIAR A REALIDADE DOS NENOS DE SIRIA

Agora están atrapados engrandes campos de refuxiados como o deZaatari ou arriscan as súas vidas noMediterráneo nun busca dun futuro mellor. O único que queren é que a guerra termine dunha vez e poder seguir adiante.
 
Sabemos que unhaspalabras desde España non poden arranxar o conflito. Pero si poden cambiar, aínda que sexa por un momento, a realidade dos nenos de Siria. Estamos seguros de que, cando reciban as vosas mensaxes de apoio, poderemos ver a ilusión nas súas caras. Non o dubides,escribe o teu!