Un ano de ébola: 10 datos sobre a epidemia que debes coñecer
Esta semana cúmprese un ano dende o inicio do último brote de ébola en África . Trátase do peor brote de ébola na historia da enfermidade. Matou máis persoas, en máis lugares e máis rápido que nunca.
Nestes 12 meses, o virus creou unha emerxencia de saúde sen precedentes que ameazou as vidas, o benestar e o futuro de comunidades enteiras.
Resumímosche o grave impacto que produciu e segue producindo o ébola en África en 10 datos:
1. A epidemia cobrouse xa 10.144 vítimas mortais e hai 24.597 casos de contaxio, a inmensa maioría en Guinea, Liberia e Serra Leoa.
2. Un de cada 5 contaxiados polo ébola é un neno . En total son máis de 5.000 nenos enfermos, o que constitúe un 20% dos casos de infección.
3. 9,8 millóns de nenos seguen vivindo en zonas afectadas polo ébola.
4. Máis de 16.600 nenos quedaron orfos. Perderon un dos seus pais, ambos os dous ou o seu coidador principal. O ébola está a ser unha experiencia aterradora para os nenos. Tiveron que ser testemuñas de morte e sufrimento arredor que non alcanzan a comprender.
5. O ébola ten mermardo e moito os xa de por si debilitados sistemas de saúde dos países afectados. Mentres participamos nas actividades de resposta á epidemia, dende UNICEF tivemos que inmunizar miles de nenos contra outras enfermidades mortais, como o sarampelo.
6. 5 millóns de nenos nos tres países máis afectado tiveron que deixar de ir a clase durante meses. Nestas semanas estanse a empezar a reabrir as escolas, por iso estamos a axudar a reducir ao mínimo o risco de infeccións que poderían darse ao continuarse as clases.
7. Aínda hai máis de 51 casos novos por semana en Guinea e 81 novos casos en Serra Leoa. Liberia anunciou recentemente a curación do seu último paciente de ébola despois de pasar unha semana sen novos casos do virus.
8. Un só caso novo pode reavivar un brote. Por iso seguimos traballando en prevención e sensibilización. O mantemento dos enterros seguros e o apoio aos servizos de saúde dos países afectados son as nosas principais prioridades.
9. O brote non rematou en ningún país ata que remate en todos os países. O único xeito de deter o ébola é na súa orixe e tratando ata o último caso.
10. Grazas á vosa axuda puidemos enviar preto de 7.000 toneladas de subministacións (a maior resposta de subministracións da historia de UNICEF), reforzamos os programas de supervivencia epidemiolóxica, distribuímos medicamentos esenciais e puxemos en marcha estratexias de comunicación e sensibilización para evitar unha maior propagación do virus.
Estes datos son impactantes pero son só unha parte da historia. O ébola quitou a vida a miles de persoas e tivo un profundo impacto nas sociedades e as economías de Guinea, Liberia e Serra Leoa. Por iso o ébola é aínda unha prioridade humanitaria. Coa túa axuda, seguiremos loitando contra esta epidemia ata conseguir que o número de casos de ébola chegue a cero.