Un fito histórico vergonzoso: un millón de nenos refuxiados pola crise de Sirya

Esta semana rexistrouse un fito histórico vergonzoso: cando a guerra en Sirya entra xa no seu terceiro ano, o número de nenos e nenas sirios obrigados a fuxir da súa patria como refuxiados alcanzou o millón.

"Este millonésimo neno refuxiado non representa só unha cifra estatística máis. Trátase dun neno ou unha nena real que foi arrancado do seu fogar, quizais ata separado da súa familia, e que sofre horrores que nós non podemos comprender plenamente", sinalou Anthony Lake, director executivo de UNICEF.

“TODOS DEBEMOS COMPARTIR A VERGoñA”

"Todos debemos compartir a vergoña, porque aínda que traballamos para aliviar o sufrimento das persoas afectadas pola crise, a comunidade internacional non cumpriu coa súa responsabilidade cara a ese neno. Deberiamos preguntarnos honestamente se podemos continuar fallándolles aos nenos e nenas[]de Sirya", engadiu.
 
Pola súa banda, o alto comisionado de Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), António Guterres, valorou que "o que está en xogo é nin máis nin menos que a supervivencia e o benestar de toda unha xeración de seres humanos inocentes".

"Os nenos, nenas e mozos de Sirya están a perder os seus fogares, os seus familiares e o seu futuro. Aínda que crucen as fronteiras e se poñan a salvo, eses menores están traumatizados e deprimidos e necesitan urxentemente razóns para sentirse esperanzados", dixo.

Segundo datos deUNICEF e ACNUR, os nenos e nenasconstitúen a metade dos refuxiados polo conflito de Sirya. Na súa maioría, lograron refuxio en Líbano, Xordania, Turquía, Iraq e Exipto. De xeito crecente, as persoas e familias que foxen de Sirya diríxense a África do Norte e Europa.

Os datos máis recentes demostran que preto de 740.000 nenos e nenas refuxiados sirios son menores de 11 anos.

En Sirya, segundo a Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, o conflito xa deixou un saldo duns 7.000 nenos e nenas mortos. ACNUR e UNICEF calculan que máis de dous millóns de nenos e nenas sirios sufriron desprazamentos dentro do seu país.

Os trastornos físicos, o medo, o estrés e os traumas que sofren moitos nenos e nenas constitúen só unha parte da crise humanitaria en Sirya. Tanto ACNUR comoUNICEF destacan que os nenos e nenas refuxiados son vulnerables ao traballo infantil, o matrimonio prematuro, a explotación sexual e a trata de persoas. Máis de 3.500 nenos e nenas que hoxe se encontran en Xordania, Líbano e Iraq cruzaron as fronteiras dende Sirya sen acompañantes ou separados das súas familias.

A MAiOR OPERACIÓN DE AxUDA HUMANITARIA DA HISTORIA

Ante unha crise de tal magnitude, UNICEF e ACNURprestan apoio a millóns de nenos, nenas e familiasmediante a maior operación de axuda humanitaria da historia.

No marco desa campaña, por exemplo:
 
  • Máis de 1,3 millóns de nenos e nenas sirios tanto refuxiados coma residentes en comunidades anfitrionas, en países veciños foron vacinados contra o sarampelo grazas ao apoio de UNICEF e os seus aliados.
  • Uns 167.000 nenos e nenas refuxiados recibiron apoio psicosocial.
  • Máis de 118.000 seguiron recibindoeducación escolar ou non estructurada.
  • Máis de 222.000 persoas recibiron subministracións deauga.
  • Fai un donativo para Sirya

NECESIDADe URxENTE DE AxUDA

Non obstante, UNICEF eACNUR afirman que queda moito por facer. O Plan rexional de resposta á situación dos refuxiados en Sirya, que solicita 3.000 millóns de dólares (2.245 millóns de euros) para dar resposta ata decembro deste ano ás graves necesidades dos refuxiados, só recibiu o 38% dos fondos requiridos.

Calquera persoa pode colaborar enviando unha mensaxe de texto coa palabraUNICEF ao 28028, ou realizando a súa contribución aquí.