Un millón de nenos sirios refuxiados: a historia de Aya

O desvastador conflito en Sirya obrigou un millón de nenos e nenas sirios a fuxir da súa terra natal. Aia, de oito anos de idade, é unha deles.

 

O seu sorriso e enerxía son contaxiosos. É xoguetona, gústanlle os deportes, ten talento. A Aya, de oito anos, encántalle falar, cantar e aprender. A súa irmá maior, Essaf, ensínao a ler e escribir todos os días, na carpa provisional no Val de Bekaa de Líbano, un val cheo de xente polo fluxo constante de refuxiados sirios.
 
Unha educación en espera
"Aya é a única dos meus fillos que non recibiu educación, xunto coa miña filla que é minusválida. Todos os demais foron educados", explica Mohamed, o pai de Aya.

"Quero ser médico para poder axudar aos nenos", di Aya. "Se veñen a verme e non teñen diñeiro, dareilles a medicina, unha receita e unha inxección para que poidan mellorar".

Aya puido ir á escola en Líbano durante un tempo, pero o prezo do transporte (20 dólares ao mes) era inaccesible para a familia. Os irmáns traballan nos campos de hortalizas para axudar á familia a saír adiante, pero dependen en boa medida dos vales de alimentos proporcionados porACNUR.
 
 
 
Un fito vergonzoso
O número de nenos e nenas sirios que comoAya foron obrigados a fuxir dos seus fogares chegou a un millón. "Este millonésimo neno refuxiado non representa só unha cifra estatística máis", sinalouAnthony Lake, Director Executivo deUNICEF. "Trátase dun neno ou unha nena real que foi arrancado do seu fogar, quizais ata separado da súa familia, e que sofre horrores que nós non podemos comprender plenamente".

"Todos debemos compartir a vergoña", engadiu Lake, "porque aínda que traballamos para aliviar os sufrimentos das persoas afectadas pola crise, a comunidade mundial non cumpriu coa súa responsabilidade cara a ese neno. Deberiamos preguntarnos honestamente se podemos continuar fallándolles aos nenos e nenas de Sirya".
os nenos son os máis afectados
É un fracaso de proporcións colosais. Os nenos constitúen máis da metade de todos os refuxiados do conflito sirio.Preto de 740.000 nenos refuxiados sirios teñen menos de 11 anos.

Mentres, os nenos atrapados en Sirya son obxectivo dunha violencia terrible. De acordo coa Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos,uns 7.000 nenos foron asasinados durante o conflito.
UNICEF TRABAllA PARA chEGAR A TODOS OS AFECTADOS
UNICEF e ACNUR apoiaron millóns de familias afectadas dende que estalou a guerra. Máis de 222.000 persoas recibiron subministracións de auga, preto de 167.000 nenos refuxiados recibiron asistencia psicosocial e máis de 118.000 nenos puideron continuar coa súa educación.

Trátase dunha enorme operación humanitaria, pero non está a ser suficiente. Cada día hai máis nenos sirios que se converten en refuxiados,e os países de acollida están a facer o seu maior esforzo.

Ti podes axudar os nenos de Sirya enviando UNICEF ao 28028 ou doando aquí.