Une a túa voz á de UNICEF e Imaxina un mundo mellor para os nenos

Algunha vez escoitaches o himno de John Lennon Imagine e emocionácheste imaxinando un mundo mellor? Agora podes gravar a túa versión da canción e contribuír a inspirar un movemento mundial en favor dun futuro mellor para todos os nenos.

 

 
Como? Descarga a aplicación #IMAGINE deTouchCast para iOS a través de Apple's App Store, para Android, no Google Store ou en http://imagine.unicef.org Grava a túa versión de Imagine, despois agrega mensaxes describindo o mundo que te imaxinas para os nenos e, finalmente, descarga o vídeo. Por cada descarga, estarás a doar 1 euro para apoiar o traballo de UNICEF  a favor da infancia máis vulnerable en máis de 150 países e territorios.

Ademais, invitámoste a compartir a túa gravacióncos teus amigos e familiares mediante os hashtags #IMAGINEe #EVERYVOICECOUNTS.

A iniciativa #IMAGINE organizada por UNICEF está a unir as súas forzas con
acción/2015, unha coalición de case 1.000 organizacións de todo o mundo que se xuntaron para influír nos dirixentes mundiais e inspirar medidas colectivas antes das reunións que se celebrarán proximamente para establecer a axenda mundial en 2015.

Estas inclúen a Conferencia sobre o Financiamento para o Desenvolvemento de Addis Ababa, en xullo, onde os gobernos e os seus aliados prepararán unha estratexia mundial para o financiamento do desenvolvemento no mundo; a Asemblea Xeral da ONU en setembro, cando os líderes mundiais establecerán novas metas de desenvolvemento para os próximos 15 anos; e a Conferencia da ONU sobre o Cambio Climático, que se celebrará en París en decembro.

"Debemos imaxinar un futuro mellor para todos os nenos, e comprometernos a logralo. A medida que a comunidade mundial establece o rumbo a seguir en 2015 e máis alá, os nenos deben ocupar un lugar central na axenda do desenvolvemento, xa que o seu futuro é o futuro do mundo, indicou Yoka Brandt, directora executiva adxunta de UNICEF.
 
Esta Noitevella celebráronse distintas actividades en Cidade do Cabo, Londres, Río de Janeiro e Nova York co obxectivo de poñer sobre a mesa as medidas urxentes necesarias para afrontar os principais problemas que afectan aos nenos, como a pobreza, aviolencia, o impacto do cambio climático, e os obstáculos que impiden a moitos nenos alcanzar o seu pleno potencial. Ademais, grupos de mozos cantaron Imagine.
 
 

'IMAGINE': ESCoitA A VERSIÓN MUNDIAL

[]