UNICEF agradece o apoio dos doantes

A confianza depositada pola comunidade internacional e a sociedade civil en UNICEF como organismo garante da protección da vida dos nenos de Haití foi enorme. A resposta de socios e doantes foi encomiable desde o principio da catástrofe. Isto inspira o noso compromiso continuo por destinar estes fondos para salvar e mellorar a vida dos nenos.

A xenerosidade e a solidariedade cos nenos de Haití xerou un total de contribucións de 298.778.549 millóns de dólares. Os fondos destináronse a auga, saneamento e hixiene, educación, protección da infancia, saúde e nutrición, áreas claves do traballo en emerxencia de UNICEF. Os Comités Nacionais de UNICEF recadaron máis de dous terzos destes fondos (70,4%), por encima dos gobernos (25,3%).

Desde UNICEF, continuaremos cos esforzos de recuperación, incluíndo un mellor investimento para mellorar o acceso, a calidade da educación e a construción das escolas. Así mesmo, darase apoio á transición a opcións sostibles de auga e saneamento, así como fortalecer os sistemas e o acceso aos servizos de saúde, nutrición e protección da infancia.

Apoio da sociedade española

Doantes públicos e privados en España involucráronse con Haití. UNICEF España foi o sexto doante principal en Haití e iso foi posible grazas á sociedade española. Ademais, o Goberno de España é o terceiro goberno que máis fondos destinou a Haití, por detrás do de Estados Unidos e o de Canadá. 98.000 persoas, empresas e outras entidades privadas, caixas de aforros e Administracións autonómicas e locais achegaron 11,9 millóns de euros ao traballo de UNICEF.

As 98.000 doazóns privadas supuxeron máis de dez millóns de euros e, por parte de Administracións autonómicas, concellos e caixas de aforros, UNICEF recibiu máis de 1,8 millóns de euros para os seus programas en Haití.

[]

A estas achegas sumáronse os dez millóns de euros que o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación destinou aos programas de UNICEF para cubrir as necesidades da infancia en Haití e para abordar unha recuperación a longo prazo que garanta o acceso dos nenos haitianos a dereitos tan básicos como a supervivencia, a saúde, a educación e a protección.

Por todo iso,desde UNICEF España querémosvos agradecer o voso apoio e dedicación. Sen vós, non sería posible levar a cabo as tarefas de axuda humanitaria e reconstrución dun país no que aínda máis de un millón de persoas, das que unhas 380.000 son nenos, viven en campamentos de desprazados.

Plan de acción para 2011

O mantemento das accións humanitarias será esencial para seguir cos servizos básicos, continuar e reforzar as respostas ao brote de cólera e apoiar as iniciativas en curso para o traslado e a transición cara a solucións máis sostibles para os desprazados.

Ver informe (Os nenos e nenas de Haití. Un ano despois: o longo camiño do socorro á recuperación)