UNICEF alerta sobre o recrutamento de nenos soldado en Malí
Os grupos armados que operan no norte de Malí están a recrutar cada vez a máis nenos, utilizándoos con fins militares, segundo informes recibidos por UNICEF que estima a cifra en varios centos.
En xullo,UNICEF informou de que polo menos 175 nenos, de idades comprendidas entre os 12 e 18 anos, foran recrutados directamente polos grupos armados establecidos no norte. Por iso, a organización fai un chamamento a todas as partes no conflito, incluíndo líderes e membros das comunidades, a protexer os nenos fronte aos perigos dos conflitos armados e evitar que participen nas hostilidades.Cando un neno participa activamente nun conflito, xa sexa como combatente ou como apoio, estará exposto a un alto risco que supón un impacto potencialmente negativo a longo prazo na súa saúde e benestar.O recrutamento e utilización de nenos menores de 18 anos por parte de grupos armados está prohibido polo Dereito Internacional, chegando a constituír uncrime de guerra e un crime contra a humanidade se os nenos recrutados teñen menos de 15 anos. No norte de Malí, a taxa de desnutrición global figura entre as máis altas do país, as escolas foronpechadas durante gran parte do ano, decenas de miles de familias foron expulsadas das súas casas e exposta á violencia e a dor; e acólera xurdiu ao longo do río Níxer. A mediados de agosto, UNICEF recibira tan só o 28% do seu chamamento de emerxencia, estimado en 58 millóns de dólares (71,60 millóns de euros) para 2012.