UNICEF apoia aos retornados de Sudán do Sur

Tres meses despois da declaración de independencia de Sudán do Sur, moitos sudaneses están a tentar volver ás súas casas.
 

Desde xuño, case 20.000 retornados chegaron a Renk, un pobo rural preto da fronteira con Sudán do Sur. A maioría afirma que só se pode permitir o transporte a Renk e non teñen os medios para continuar até o seu destino final. Ademais, apenas hai estradas na zona, xa que a maior parte do terreo está alagado por mor da tempada de choivas.

Os retornados refuxiáronse nun campamento provisional,  baixo revestimentos de plástico e indefensos ante as choivas.

Risco de enfermidades e desnutrición

Ante estas condicións, a poboación, e en especial os nenos, atópanse nunha situación devulnerabilidade fronte ásenfermidades e adesnutrición.

"Temos moitos problemas asociados aoacceso á saúde, a alimentación e a vivenda", afirmou Deng Akuei Kak, Comisionario do condado de Renk.

Os traballadores sanitarios dunha clínica pediátrica apoiada por UNICEF estiman que dous de cada cinco nenos que chegan á clínica sofren desnutrición grave. Ademais, afirman que atenden a unha media de200 nenos ao día e a maioría mostra signos de malaria ou infeccións respiratorias.

cara a un futuro mellor

UNICEF está a traballar con ONG e aliados gobernamentais para apoiar o traballo en supervivencia infantil, educación e protección nos campamentos e en varios dos destinos finais dos retornados.

En Renk, UNICEF está a apoiar o tratamento dos nenos desnutridos con alimentación terapéutica e suplementos de vitamina A. Tamén presta asistencia ao campamento, proporcionando auga segura para beber e letrinas.

UNICEF apoia tamén centros temporais de aprendizaxe e Espazos Amigos da Infancia, onde os nenos poden xogar e recibir apoio psicosocial.

O ritmo dos retornados que chegan a Renk retardouse nas últimas semanas, e a pesar das difíciles condicións de vida, os residentes dos campamentos afirman que están felices de estar en Sudán do Sur. Con todo, serán necesarios esforzos e recursos adicionais para axudarlles a sentirse en casa.