UNICEF aumenta os esforzos para que os nenos de Sirya poidan continuar a súa educación
Co comezo do novo curso escolar, UNICEF está a centrar os seus esforzos na volta ao cole dos nenos sirios. Mesmo nas zonas con máis violencia, as clases de recuperación están a axudar aos nenos a que poidan continuar a súa educación. Os clubs escolares arredor de todo o país están a proporcionar educación e apoio psicolóxico aos nenos.
2 millòns de nenos abandonaron a escola a causa do conflito
Durante o pasado curso, dous millóns de nenos
sirios de entre 6 e 15 anos abandonaron a escola a causa do
conflito. A pesar dos esforzos de UNICEF por proporcionarlles unha educación
ininterrompida, a educación segue sendo o sector menos financiado
nesta emerxencia.
Antes da crise, a porcentaxe de nenos sirios matriculados nas escolas superara o 90%. Non obstante, a guerra puxo en perigo as boas cifras alcanzadas.
Neste terceiro ano de conflito, a crise de Sirya segue crecendo sen que haxa un final á vista. Máis de 4,25 millóns de persoas víronse desprazadas internamente, e máis de 2,1 millóns de persoas fuxiron aos países veciños. Agora vivenen Exipto, Iraq, Xordania, Turquía e Líbano, e a metade deles son nenos.
Ademais, a destrución das infraestruturas en Sirya alcanzou tamén aos centros educativos, o que fai que ao redor dun millón de nenos que continúan dentro do país non poidan asistir á escola. Nas zonas onde aínda quedan instalacións, non obstante, é a inseguridade a que fai que os pais se mostren remisos a enviar os seus fillos ao colexio. Moitos dos que van están tanestresados psicoloxicamente que non poden atender en clase.
UNICEF REDOBrOu os SUS ESFUERZOS CO COMEZO Do NoVO CURSO
En Líbano, os campamentos de verán
axudaron aos nenos refuxiados a superar as barreiras idiomáticas
que afrontaban nos colexios deste país, nos que as matemáticas e as
ciencias se ensinan en francés ou inglés.
EnTurquía, UNICEF está a apoiar a formación dos educadores, para que poidan atender as necesidades específicas dos nenos refuxiados.
Na campaña deIraq, mozos locais conseguiron diñeiro para comprar material educativo para os nenos sirios refuxiados no seu país.
EnXordania, unha campaña de Volta aoCole pediu tanto educadores coma líderes relixiosos e comunitarios, que animasen os nenos a volver á escola.
se está a privar a os nenos do seu dereito á educación
A pesar dos esforzos, as necesidades son cada vez
maiores. A medida que o conflito continúa, estase a privar a cada
vez máis nenos do seu dereito á educación, o que pon en risco non
só o seu desenvolvemento intelectual, senón as súas oportunidades
futuras. Cando se empece, o camiño da recuperación en
Sirya será longo, e para entón, o que máis necesitará o país será
unha cidadanía preparada que abra camiño.
Calquera persoa pode colaborar enviando unha mensaxe de texto coa palabraUNICEF ao28028, ou realizando un donativo a través da web:www.unicef.es/siria