UNICEF axuda as familias desprazadas de Costa de Marfil en medio da crise

Os violentos enfrontamentos derivados da crise política que estalou en Costa de Marfil a comezos deste mes provocaron o desprazamento de miles de persoas, gran parte deles nenos e mulleres.

"UNICEF prestoulles asistencia aos desprazados desde o comezo da crise, pasando polos postos de control militar  para entregarlles axuda humanitaria áscomunidades altamentevulnerables", dixo a Encargada de UNICEF en Costa de Marfil, Sylvie Dossou.

"O equipo de UNICEF e os nosos aliados traballaron desde o principio nesta crise para salvar moitas, moitas vidas novas", engadiu.
 

Mulleres e nenos vulnerables

Moitas persoasperderon totalmente as súas poucas pertenzas e os seus fogares, moitos dos cales foron saqueados e queimados durante os episodios de violencia.
 
"UNICEF está distribuíndo mantas, esteiras para durmir, mosquiteiras tratadas con insecticida, e está a traballar para reunificar os nenos coas súas familias", afirmou Eli Ramamonjisoa, Xefe do Equipo de Campo da Oficina de UNICEF en Man, no oeste do país.
 
"Pero precisamos facer moito máis e estámonos a preparar para comezar con actividadeseducativas erecreativas", sinalou Ramamonjisoa. Tamén explicou que se levarán a cabo diferentes sesións para prestarapoio psicolóxico fronte ao trauma, sesións sobre VIH/SIDA e violencia de xénero. "Durmir ao ar libre ou o confinamento fai que os nenos e as mulleres sexan máis vulnerables", engadiu.

Colexios pechados

[]

Un dos temas que está pasando desapercibido neste contexto de crise é que gran parte dos colexios non volveron abrir as súas portas desde as eleccións de novembro. "Están pechados debido á crise", explicou Soumahoro, de 18 anos. Cando se lle preguntou sobre cándo querería que volvese abrir o seu colexio, Soumahoro respondeu claramente: "O luns".

Campaña de vacinación contra a febre amarela

UNICEF preveu levar a cabo unha campaña de vacinación contra a febre amarela, que está dirixida a máis de 830.00 adultos e nenos en catro distritos do país.

Con esta campaña de vacinación, ponse de manifesto que, "a pesar do estancamento político no país, o labor humanitario continúa en Costa de Marfil e que estamos chegando aos máis vulnerables", explica Sylvie Dossou.

Esta campaña é especialmente importante para evitar o brote que está afectando a dous distritos do país e que desde finais de outubro acabou coa vida de 25 persoas.

Reparto de subministracións

A Oficina de UNICEF en Man está supervisando os esforzos de axuda nos campamentos de desprazados en tres cidades ao oeste de Costa de Marfil: Danané, Duékoué e Man. A semana pasada, por exemplo, UNICEF distribuíu un tanque de 5.000 litros de auga para o campamento en Man.

Así mesmo, tamén distribuíu pastillas potabilizadoras de auga, cubos e xabón. O xabón e a auga potable sonesenciais para protexer os nenos da deshidratación e o cólera, dúas importantes causas de mortaldade infantil.