UNICEF celebra a adopción do Tratado sobre Comercio de Armas como paso crucial para protexer os nenos

UNICEF celebra a adopción do Tratado sobre Comercio de Armas por parte da Asemblea Xeral de Nacións Unidas xa que se trata dun paso crucial para protexer os nenos mediante a regulación da transferencia de armas entre países.

A falta de supervisión global do comercio de armas permitiu que sexan mal utilizadas a grande escala,provocando a morte e mutilación de civís.


"O feito de que o Tratado mencione especificamente aos nenos e as mulleres é especialmente alentador", dixo Susan Bissell, Xefe de Protección da Infancia de UNICEF en Nova York.


O Tratado de Comercio de Armas pide explicitamente os Estados que consideren o risco que implica calquera transferencia de armas antes de que se realicen as compravendas, por se puidesen facilitar que se cometan graves actos de violencia contra mulleres e nenos.Isto é fundamental xa que as armas son unha das principais causas de morte de nenos e adolescentes en moitos países, incluíndo moitos que non están en guerra" engadiu.


A violencia armada e as experiencias individuais e grupalesdifiren dependendo da idade e o xénero. A miúdo, os nenos non só son vítimas e testemuñas da violencia armada, senón que tamén poden converterse en autores de violencia armada.


Os nenos sofren os efectos directos e indirectos das consecuencias das lesións producidas tanto a eles coma aos seus familiares, así como o desprazamento, a pobreza e a falta de acceso á educación e a sanidade.


"O reto agora é facer que funcione o Tratado", dixo Bissell. "Este é o primeiro intento de regular unha industria de alcance global, pero que ten un alto impacto nas comunidades máis pequenas. Grazas ao liderado dos gobernos e a participación activa da sociedade civil e da ONU, por fin temos un tratado de comercio de armas. "