UNICEF combate o brote de ébola en Guinea
O forte brote de ébola que asola Guinea dende a semana pasada causou xa a morte de tres nenos.
Polo menos 59 das 80 persoas que contraeron esta enfermidade en África Occidental morreron ata o momento. A isto engádese que a febre hemorráxica mortal se estendeu rapidamente das comunidades de Macenta, Guéckédou eKissidougou á capital, Conakry.UNICEF, en colaboración co Ministerio de Saúde de Guinea,respondeu rapidamente a esta epidemia enviandocinco toneladas de medicamentos ás zonas máis afectadas. A axuda enviada inclúe subministracións médicas e equipos de emerxencia como luvas, lonas, esteiras de plástico e solucións de rehidratación intravenosa e oral para tratar os enfermos e protexer os médicos. O brote é particularmente desvastador para opersoal sanitario. Ata o momento, o ébola causou a morte de polo menos oito traballadores que estiveran en contacto con pacientes infectados. Isto dificulta a resposta á enfermidade e ameaza o coidado nun país que de por si xa carece de persoal médico. "O ébola é unha enfermidade extremadamente grave e UNICEF tomou medidas inmediatas para reducir os riscos para os nenos. En Guinea, un país cunha infraestrutura médica débil, un brote deste tipo pode ser desvastador ", dixo oDr. Mohamed Ag Ayoya, representante de UNICEF en Guinea."Sabemos que o persoal sanitario necesita urxentemente equipos de protección como máscaras, lentes, luvas, botas, mandís, e outros materiais como abrigos, aerosois desinfectantes e, por desgracia, bolsas para cadáveres", declarouAg Agoya. Ademais pediu aos traballadores fortalecer os seus sistemas de limpeza e saneamento.
información, fundamental para frear o brote
UNICEF tamén insta o pobo de Guinea a prestar particular atención á hixiene e levar a cabo boas prácticas de saneamento. Para iso está a distribuír carteis e folletos con información sobre como evitar o contaxio do virus, olavado de mans con xabón ou o tratamento daauga con cloro na casa. Ademais proporcionáronse aos centros de saúde e aos fogares das persoas afectadas materiais para a desinfección. "É importante evitar o contacto cos enfermos e os mortos. Deben lavar as súas mans e as dos seus fillos con frecuencia. Os alimentos deben estar sempre cubertos. Debe evitar asistir a funerais sempre que sexa posible", engadiu o representante deUNICEF. Ademais deste brote, o país enfróntase a outras tres epidemias de cólera, sarampelo e meninxite, que engadiron aínda máis presión no sistema de saúde de Guinea.UNICEF fai un chamamento urxente aos socios da comunidade internacional para conseguir fondos para proporcionar as subministracións vitais e o apoio loxístico necesario para deter o ébola e as demais epidemias.