UNICEF Comité Epañol e Hosteltur, unidos contra a explotación sexual infantil
UNICEF Comité Español e Hosteltur, o medio de comunicación líder especializado na industria do turismo, alcanzaron un acordo de colaboración para a difusión de Hoteis Amigos unha iniciativa en colaboración co sector turístico para a protección da infancia, e en particular para a loita contra a explotación sexual comercial infantil nas viaxes.
O acordo servirá para promover e facilitar
alianzas estratéxicas co sector turístico a favor da
protección da infancia, co obxectivo de aumentar o grao de
sensibilización social e o compromiso de todas as empresas
españolas en contra da explotación sexual comercial infantil no
turismo e as viaxes.
Hosteltur converterase así nun estreito colaborador de UNICEF na difusión das noticias relacionadas coas empresas turísticas e a organización, sumándose como un axente social máis a favor da protección infantil.
Calquera empresa do sector pode participar nesta iniciativa, sensibilizando clientes, socios e empregados en torno á defensa dos dereitos da infancia. A proposta adáptase ás características de cada establecemento. Entre outras iniciativas, os hoteis teñen a posibilidade de invitar os seus clientes a realizar un donativo dun euro do check in de entrada.
Os fondos conseguidos destínanse aos programas de protección de UNICEF coa infancia máis vulnerable en máis de 150 países e territorios en desenvolvemento.
MOTIVOS PARA CONVERTeRSE EN HOTEL AMIGO
- Porque aínda 1.8 millóns de nenos sonexplotados na industria do sexo comercial.
Estímase que 1,2 millóns de nenos e nenas son vítimas datrata de menores cada ano.
Entre 500 millóns e 1.500 millóns de nenos e nenas son vítimas de violencia.
Calcúlase que 3 millóns de nenas se enfrontan cada ano a algún tipo deablación ou mutilación xenital en todo o mundo, e máis de 140 millóns de nenas e mulleres xa foron sometidas a esta práctica.
Calcúlase que máis de 1.000 millóns de nenos viven en territorios afectados por conflitos armados. 250.000 nenos loitan en conflitos armados.