UNICEF Comité Madrid e o Concello de Torrelodones (Madrid), unidos pola infancia
UNICEF Comité Madrid e o Concello de Torrelodones (Madrid) asinaron en febreiro un convenio por dous anos de duración.
No acordo establécese un marco de relacións institucionais e colaboración mutua para apoiar accións de cooperación ao desenvolvemento ou axuda humanitaria centradas na infancia, así como desenvolver actividades de sensibilización dos veciños de Torrelodones.
Neste sentido, o Concello de Torrelodones comprométese a realizar unha achega económica de 7.500 euros con cargo ao presuposto de 2014 para financiar un proxecto de cooperación logo de acordo entre ambas as dúas partes.
Igualmente, o Concello apoiará a UNICEF na implantación do seu programa de Educación para o Desenvolvemento, Enrédate, nos seus 17 centros, a través da realización de reunións informativas cos directores destes e o envío dun comunicado ao inicio do curso escolar.
Así mesmo, mediante actividades municipais se sensibilización, contribuirá á Carreira da Auga, con motivo do Día Mundial da Auga (o 22 de marzo), e a promover a celebración do Día Internacional do Neno (o 20 de novembro) e o Día Internacional da Solidariedade Humana (o 20 de decembro).
Pola súa banda, UNICEF Comité Madrid dará apoio e asesoramento ao Concello na implantación do programa Cidades Amigas da Infancia (CAI).
O convenio foi asinado o 24 de febreiro pola alcaldesa de Torrelodones, Elena Biurrun, e o presidente de UNICEF Comité Madrid, Manuel López de Miguel.