UNICEF condena o atentado contra unha nena en Paquistán
UNICEF condena enerxicamente o ataque producido onte en Swat contra Malala Yousafzai, unha nena de 14 anos, que recibiu un disparo cando saía da escola en autobús con outros dous nenos. UNICEF mostra a súa preocupación polo estado de Malala e os seus compañeiros de escola, que resultaron feridos no mesmo incidente.
Malala pronunciouse con valentía a favor dos dereitos dos nenos, especialmente da educación das nenas en Paquistán. En decembro de 2011, foi galardoada co primeiro Premio Nacional da Paz, outorgado polo goberno paquistaní.UNICEF fai un chamamento a todas as partes a respectar os dereitos de todos os nenos, incluíndo o acceso á educación nun ambiente seguro e protector. En Paquistán hai 20 millóns de nenos que van á escola, polo que resulta esencial que todos os nenos reciban educación de calidade, especialmente os máis vulnerables e desfavorecidos.