UNICEF condena o suposto asasinato de nenos en Aleppo

 
Declaracións de María Calivis, Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e Norte de África
 
"Os informes sinalan que o ataque tivo lugar o domingo 15 de decembro, mediante o lanzamento de bombas dende helicópteros en diferentes zonas da cidade de Aleppo, no norte de Sirya, onde entre 14 e 28 nenos poderían ter morto.
 

É absolutamente inaceptable que os nenossexan obxectivos xa sexa por armas indiscriminadas que provocan mortes masivas, ou por calquera outro medio. Dende UNICEFmostramos o noso horror polos informes que sinalan que un bombardeo en Aleppo puido matar ata a 28 nenos.UNICEF pediu reiteradamente todas as partes que cumpran coas súas obrigas en virtude do dereito internacional humanitario que protexe a todos os civís, incluídos os nenos do conflito e que hoxe reitere firmemente ese chamamento,"