UNICEF continúa apoiando a infancia en Paquistán un ano despois das inundacións

Un ano despois das inundacións en Paquistán, os máis de 18 millóns de persoas afectadas - case a metade das cales eran nenos - están a loitar para reconstruír as súas vidas.

Asinundacións - que cubriron unha quinta parte do país e causaron danos por valor de case 7.000 millóns de euros - puxeron as comunidades nunha situación límite, forzando a millóns de persoas a desprazarse dende as súas casas ata campamentos ou refuxios temporais. Moitas destas persoas desprazadas xa eran os máis pobres entre os pobres de Paquistán.Segundo un informe lanzado hoxe por UNICEF, o impacto dasinundacións seguirá sentíndose durante os próximos anos. Cando os nenos desprazados e as súas familias regresaron aos seus lugares de orixe, encontraron as súas casas, os seus modos de vida e infraestruturas - incluíndo instalacións de saúde e case10.000 escolas - danados ou destruídos.

Necesidade dunha resposta continuada

As inundacións puxeron de manifesto unha traxedia xa existente de desnutrición crónica, prácticas sanitarias pouco saudables, un baixo índice de asistencia escolar (especialmente de nenas) e problemas de protección infantil.

O informe advirte que se necesita máis asistencia de forma continuadapara asegurar que os nenos e as familias afectadas polas inundacións non entren nunha espiral de crecente vulnerabilidade.

Resposta de UNICEF

O Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, afirma: "Ao longo do ano pasado, a comunidade global, incluíndo UNICEF, lanzou unha resposta  masiva, beneficiando

a millóns de persoas con auga potable, nutrición vital, inmunización, educación e outros servizos esenciais para protexer os nenos e as súas familias".

Entre os seus maiores logros na resposta deUNICEF destacan:

  • Subministración deauga potable de forma diaria a 5,1 millóns de persoas.
  • Vacinación a 11,7 millóns de nenos de polio e a 10,4 millóns de nenos de sarampelo.
  • Revisións doestado de desnutrición a máis de dous millóns de nenos menores de cinco anos.
  • Establecemento decentros de aprendizaxe temporais para case300.000 nenos .
  • Apoio deEspazos Amigos da Infancia para preto de400.000 nenos.
  • Provisión a761.000 nenos con materiais escolares para permitir que continúen a súa educación e se recuperen con máis rapidez do desastre.


UNICEF tamén liderou grupos sectoriais de emerxencia e niveis sub-nacionais e continúa o seu papel de liderado nos Grupos de Traballo para a Rápida Recuperación, coordinando para mellorar a eficiencia tanto da resposta humanitaria como a resposta para unha rápida recuperación. "A día de hoxe, aínda queda moito por facer para atender as condicións subxacentes que fixeron a estas comunidades tan vulnerables, e para axudarlles a aumentar a súa capacidade de recuperación. Xuntos podemos cambiar a situación das vidas dos nenos e as familias de Paquistán que sufriron dunha forma tan terrible", afirmou Lake.

Mellorar as condicións de vida dos nenos

O Representante deUNICEF en Paquistán, Dan Rohrmann, asegura que as secuelas do desastre abriron varias portas para mellorar a vida dos nenos en diversas áreas que inclúensaúde, saneamento e educación.

Moitos nenos puideron acceder á escola por primeira vez na súa vida e os servizos de nutrición están a chegar agora a máis nenos que nunca", afirma.Rohrmann fala sobre a importancia que teñen as estruturas das escolas transitorias que UNICEF está a construír para os nenos: "Aos nenos gústanlles e moitos estudantes poden ir ao colexio por primeira vez nas súas vidas grazas a estas escolas. Gustaríanos construír un gran número delas, permitindo a máis nenos e nenas -incluíndo aqueles que nunca foron ao colexio- acceder a unha educación segura,".UNICEF enfróntase a unhaescaseza de fondos de case 35 millóns de euros para cubrir as necesidades esenciais para unha recuperación temperá dos nenos e as familias afectadas polas inundacións. As áreas principais con escaseza de fondos son auga, saneamento e hixiene (25.429.625 de euros), educación (5.674.379 de euros) e saúde ( 3,4 millóns de euros). Ademais, necesítanse 4,3 millóns de euros para intervencións relacionados co nivel humanitario de desnutrición global aguda continuado.

Informe 'Children in Pakistan. One Year After the Floods — Turning Towards a Brighter Future'  (En inglés)