UNICEF distribúe axuda de emerxencia en República Centroafricana
Onte chegou a Bangui, a capital da República Centroafricana devastada polo conflito, un voo especial fretado por UNICEF cargado con máis de 23 toneladas de medicamentos esenciais, subministracións de obstetricia e tanques de auga, cando se cumpren dúas semanas dende de que fose tomada por un grupo armado.
Trátase dunha das primeiras entregas importantes de subministracións de axuda humanitaria que chegan á República Centroafricana tras os episodios de inseguridade e os saqueos de hospitais e centros de saúde rexistrados nas últimas semanas, que provocaron a perda de materiais médicos, equipamento e mobiliario.
Os equipos médicos de
emerxencia distribuídos utilizaranse para tratar unhas200.000 persoas afectadas polo conflito durante os
próximos tres meses. Tamén no voo ían doce tanques de auga con
equipos de distribución para garantir a subministración de
auga nos principais hospitais e centros de saúde da
capital, Bangui, e outras áreas
accesibles. Fixéronse xestións para garantir que se distribúen e
almacénanse con total seguridade.
"Esta entrega representa
un paso vital para que os nenos, e a poboación en xeral, recuperen
o acceso á atención médica básica", dixo Souleymane Diabate, Representante de UNICEF en Bangui.
"Non obstante, isto é só a punta do iceberg en termos de
necesidades. Perdeuse moito no saqueo producido a este país ondeos nenos se enfrontan a algunhas das condicións de
supervivencia máis difíciles do mundo".
Dende o golpe de estado
do 24 de marzo, UNICEFdistribuíu 81 toneladas de subministracións de emerxencia,
especialmente medicamentos esenciais e equipos médicos paraatender a máis de 60.000 persoas, aos aliados deUNICEF que operan nos hospitais e
centros de saúde.
Este é o segundo avión cargado con subministracións de emerxencia fretado por UNICEF no que vai de ano. O primeiro voo de UNICEFlevou máis de 14 toneladas de medicamentos e subministracións esenciais de emerxencia a Bangui o 24 de xaneiro.
As oficinas, vehículos e
almacéns de UNICEF, outras axencias de
Nacións Unidas e numerosas ONG que operan no país, foron
saqueadas durante o período da caída do goberno deBozize e a chegada da coalición
rebelde Seleka a finais de
marzo.
"As subministracións
distribúense de forma selectiva aos aliados que traballan en temas
de saúde, e que teñen a capacidade de coidar e tratar aos máis
necesitados, empezando polos principais hospitais e centros de
saúde", agregou Diabate. "O novo
goberno prometeu a súa cooperación nestes esforzos. "
Máis de 2,3 millóns de nenos afectados en República Centroafricana
Só se recibiu o 13 por cento dos 172 millóns de dólares (131,89 millóns de euros) solicitados pola comunidade humanitariapara levar a cabo o seu traballo. Prevese que as necesidades aumenten á luz dos acontecementos producidos recentemente.UNICEF estima un déficit de financiamento inmediato para satisfacer as urxentes necesidades humanitarias nos próximos seis meses de máis de 11 millóns de dólares (8,43 millóns de euros).