UNICEF distribúe subministracións vitais para nenos e familias en Alepo

UNICEF distribúe subministracións vitais para nenos e familias en Alepo

UNICEF e os seus aliados acaban de repartir subministracións vitais na cidade asediada de Alepo, ao noroeste de Sirya. A distribución estivo integrada por 15 camións que viaxaron dende Damasco ata Alepo.

 
As subministracións que reparte UNICEF inclúen kits para tratar 30.000 persoas afectadas por enfermidades diarreicas, kits médicos para 20.000 persoas, 2.000 kits de hixiene familiar, fogóns, galletas enerxéticas e material escolar. Ademais, UNICEF distribuíu cinco xeradores eléctricos e oito depósitos de auga que proporcionarán auga potable a máis de 1 millón de persoas en Alepo.

"A situación humanitaria en Alepo é desesperada", dixo Yoka Brandt, Directora Executiva Adxunta de UNICEF, que visitou Damasco a semana pasada durante dous días. "O noso obxectivo é chegar aos nenos que máis necesitan a nosa axuda, sen importar onde se encontren. "

Alepo é o lugar de Sirya con máis persoas afectadas polo conflito- polo menos 2,4 millóns- dos que a metade son nenos. "As necesidades humanitarias, especialmente de alimentos, auga e refuxio, son moi graves", dixo Ahmedou Bahah, xefe do programa de Agua, Saneamento e Hixiene de UNICEF en Sirya.

Tras máis de dous anos de conflito de Sirya, as condicións de vida, especialmente nas zonas máis afectadas, encóntranse nun estado deplorable. Os prezos triplicáronse ou cuadriplicado, o que afecta ao acceso a produtos básicos e ao poder adquisitivo dos fogares. As familias están a loitar para proporcionar aos seus fillos alimentos básicos como o pan, verduras e froitas, leite, iogur e ovos.

UNICEF e os seus aliados proporcionaron acceso a auga potable a 10 millóns de persoas, vacinado a 1,5 millóns de nenos, matriculado a máis de 300.000 nenos nas escolas e apoiado a máis de 450 clubs escolares onde os nenos reciben o apoio necesario para superar algúns dos horrores que viviron durante este tempo.