UNICEF e H&M, polo mellor comezo na vida dos nenos

UNICEF e H&M asinaron unha nova alianza a tres anos pola que a fundación da firma de roupa apoiará unha campaña global dirixida ao desenvolvemento da primeira infancia, de forma que os nenos, especialmente os máis vulnerables, poidan ter o mellor comezo posible na vida.

A Fundación H&M Conscious contribuirá con 9,3 millóns de dólares (uns 6,8 millóns de euros) á posta en marcha de proxectos piloto en varios países cuxo obxectivo é ampliar o desenvolvemento infantil temperán e animar os gobernos a investir máis nos primeiros anos da vida do neno. Así mesmo, estes fondos servirán para apoiar a realización dun informe global sobre desenvolvemento infantil temperán que verá a luz a finais de 2016, e dunha App (aplicación informática para dispositivos móbiles ou tablets) que permitirá aos lexisladores acceder a datos críticos en tempo real sobre desenvolvemento infantil temperán. "A nova alianza coa Fundación H&M Conscious é un exemplo importante dunha alianza que axudará a mobilizar apoio e empregar a innovación para impulsar o potencial dos nenos, en calquera lugar", afirmou a directora de Captación de Fondos Privados e Alianzas de UNICEF, Leila Pakkala. "Os dez anos de colaboración de H&M con UNICEF deunos información e experiencias de primeira man do seu traballo a favor da infancia en países en vías de desenvolvemento (...) UNICEF está altamente preparado e cualificado para colocar o desenvolvemento infantil temperán na axenda global e conseguir así que un maior número de nenos en situación de vulnerabilidade poidan acceder a programas de aprendizaxe temperá como pre-escolar", manifestou pola súa banda o director xeral de H&M, Karl-Johan Persson.

O DESENVOLVEMENTO INFANTIL E A APRENDIZAxE TEMPERÁ

Os primeiros oito anos da vida do neno son fundamentais, especialmente os tres primeiros anos, que son a base da saúde, o crecemento e o desenvolvemento no futuro. Durante este período, as nenas e os nenos aprenden máis rapidamente que en calquera outra época. Os recén nacidos e os nenos de curta idade desenvólvense con maior rapidez e aprenden máis rapidamente cando reciben amor e afecto, atención, alento e estímulos mentais, así como alimentos nutritivos e unha boa atención da saúde. UNICEF traballa cos gobernos, a sociedade civil, as comunidades e outras partes interesadas para deseñar e implementar políticas e programas de desenvolvemento da primeira infancia. Estes axudan aos nenos máis vulnerables e excluídos a alcanzar o seu máximo potencial a través do apoio ás familias e as comunidades, e aumentando o acceso á atención e educación de calidade na primeira infancia. A contribución da Fundación H&M Conscious axudará a fortalecer un movemento global para promover a inclusión da primeira infancia na Axenda de Desenvolvemento Post 2015.

Gustaríache facer algo extraordinario hoxe?

Faite socio. Elixe agora a túa achega mensual

Sabes que podes recuperar ata un 80% das túas achegas? Máis info

Desgravación fiscal

Deducción y desgravación de donaciones a UNICEF

Calcula cuánto te puedes desgravar.

Si has decidido hacerte socio o realizar un donativo puntual a UNICEF España te informamos que puedes desgravarte estas donaciones de tu declaración de la renta.

Éstas son las deducciones aplicables a las donaciones que se realicen a partir del 1 de enero de 2024 a favor de UNICEF España, con la entrada en vigor del Real Decreto-ley 6/2023, de 19 de diciembre, que modifica la Ley 49/2002, de 23 de diciembre, de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.

*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
Personas Físicas (IRPF)Porcentaje de deducción
Primeros 250€80%
Resto a partir de 250€ 40%
Resto a partir de 250€ en Donaciones plurianuales* 45%
Límite deducción base liquidable10%
*Cuando durante 3 años se realicen donaciones a una misma entidad por importe igual o superior al del ejercicio anterior.
**Las cantidades que excedan de este límite se podrán aplicar en los períodos impositivos que concluyan en los 10 años inmediatos y sucesivos.
Personas Jurídicas (IS)Porcentaje de deducción
Donaciones en general40%
Donaciones plurianuales*50%
Límite deducción base imponible**15%
  • Si resides en País Vasco o Navarra las deducciones aplicables pueden ser diferentes.
  • Si eres persona física o jurídica no residente en España y obtienes rentas en nuestro país, tienes también un beneficio fiscal por el importe de tus donativos. Puedes consultarlo en https://sede.agenciatributaria.gob.es/
¿Cómo hago para que mis donaciones a UNICEF aparezcan automáticamente en el borrador de la Renta?

Recuerda que para que podamos informar a la Agencia Tributaria del importe de tus cuotas y donativos es imprescindible que nos hayas facilitado tu NIF y domicilio.

Por favor, si aún no lo has hecho, facilítanos estos datos:

Si quieres ampliar la información sobre estos beneficios fiscales, por favor, consulta la web de la Agencia Tributaria: https://sede.agenciatributaria.gob.es/

 

Se prefires, contacta connosco no 900 907 074 de luns a venres de 9:00h a 21:00h e sábados de 11:00h a 17:00h | socios@unicef.es

UNICEF e H&M, polo mellor comezo na vida dos nenos