UNICEF e a Media Lúa Vermella entregan subministracións en zonas de difícil acceso en Sirya
UNICEF está a traballar co seu aliado a Media Lúa Vermella para chegar aos nenos afectados polo conflito de Sirya na coidade Talbiseh, ao norte de Homs. Trátase dunha zona de difícil acceso, polo que é máis difícil facer chegar a axuda humanitaria.
UNICEF distribuíu a finais
de xullo materiais educativos para máis de 7.000
nenos, que se utilizarán nos 37 centros escolares deTalbiseh e das provincias próximas.
Trátase de centros dirixidos pola Media Lúa Vermella e apoiados porUNICEF nos que os nenos poden
beneficiarse de educación de reforzo.
Mentres, o 6 de agosto,se repartiron máis de 6.500 pares de zapatos entre os nenos que asisten a estas clases. Ademais, puxéronse en marcha actividades psicosociais, que empezaron o 8 de agosto, coincidindo co fin do Ramadán.
Estas actividades lúdicas, que inclúen arte e xogos en grupo, están apoiadas porUNICEF nos centros da Media Lúa Vermella. Máis de 7.000 nenos beneficiaranse destas clases quelles axudarán a recuperarse das experiencias relacionadas co conflito que están a sufrir.
Para máis información sobre o traballo de UNICEFdentro de Sirya e nos países que acollen refuxiados,pica aquí.
Para colaborar con Sirya envía un SMS coa palabraUNICEF ao28028, ou realiza o teu donativo en www.unicef.es/siria