UNICEF e os seus aliados vacinarán 125.000 nenos contra o sarampelo na República Centroafricana
UNICEF e os seus aliados comezarán mañá unha campaña de vacinación de emerxencia contra o sarampelo en Bangui, a capital da República Centroafricana, despois de que oito nenos desen positivo á enfermidade en abril. UNICEF, en colaboración co Ministerio de Sanidade, a Organización Mundial da Saúde e outras organizacións, ten como obxectivo vacinar 125.000 nenos do 22 a 26 maio.
O CONFLITO ARMADO DIFICULTA A SITUACIÓN
Os ataques producidos recentemente no país
colapsaron os servizos básicos, o que aumenta o risco de
que aparezan brotes de enfermidades en Bangui e en todo o territorio nacional. A
violencia, xunto coas malas condicións de vida e unha taxa de
vacinación contra o sarampelo historicamente baixa (62%), expón un
gran número de nenos a esta enfermidade.
"O sarampelo é unha das principais causas de mortalidade infantil. A violencia e o conflito armado en República Centroafricana deixaron a millóns de persoas sen acceso a servizos básicos de saúde, con centos de miles de nenos expostos a unha enfermidade que pode propagarse con rapidez entre as comunidades vulnerables," dixo o Representante de UNICEF no país,Souleymane Diabate.
A campaña de vacinación de emerxencia enfróntase a considerables desafíos. Continúa sendo difícil distribuír a axuda humanitaria ás persoas necesitadas por problemas de seguridade. Tras o golpe de Estado do 24 de marzo de 2013, a situación segue sendo fráxil xa que aínda non foi totalmente restaurada a lei e a orde na capital.
Moitas rexións seguen sendo difíciles de alcanzar debido
á violencia e a inseguridade, e será aínda máis complicado acceder
a elas cando comece a tempada de chuvias. A pesar diso,UNICEF está a traballar cos seus
colaboradores no terreo para responder á emerxencia que está a
afectar, directa ou indirectamente, á totalidade poboación, unhas4,6 millóns de persoas.
"En calquera parte onde poidamos chegar, UNICEFtraballa cos seus aliados para levar a cabo intervencións que salvan vidas. As nosas prioridades inmediatas son proporcionar apoio de emerxencia en materia de saúde, nutrición, auga e saneamento, e protexer os nenos contra a violencia, a separación das súas familias e o recrutamento por parte de grupos armados ", agregou Diabate.
De cara ao comezo da campaña contra o sarampelo, chegaron a Bangui 246.500 vacinas o pasado 15 de maio, incluíndo 100.000 vacinas adquiridas cos fondos doados pola aeroliña easyJet.
Dende o golpe de estado do pasado 24 de marzo 2013, UNICEFproporcionou atención sanitaria de emerxencia nos catro principais hospitais de Bangui e en centros de saúde de todo o país, incluíndo a distribución de subministracións médicas de emerxencia para unhas 141.000 persoasdurante tres meses.