UNICEF e Privalia: educación e promoción dos dereitos do neno en Brasil, México, España e Italia
Apoiar proxectos de educación e de promoción dos dereitos dos nenos en Brasil, México, España e Italia. Este é o obxectivo da alianza que UNICEF e Privalia asinaron para os próximos dous anos.
Para iso, o outlet online de
moda doará a UNICEF o1% de todas as vendas da súa
categoría Baby&Kids neses 4
países.
Pola súa banda, UNICEF destinará a devandita cantidade a:

- Brasil: para que 1,5 millóns de adolescentes que non van á escola poidan recuperar o seu dereito á educación.
- México: para mellorar o acceso ao ensino en lingua indíxena, a través de máis de 18.000 escolas de preescolar e primaria de catro estados.
- España e Italia: para reforzar o seu labor napromoción dos dereitos do neno no ámbito escolar e educativo, de forma que máis 50.000 nenos e nenascoñezan os seus dereitos.
"Para UNICEF é
moi importante contar co apoio de aliados
como Privalia para
desenvolver a nosa misión: que se cumpran os dereitos da infancia
en todo o mundo. Saber que contamos cunha empresatan comprometida para que os dereitos dos
nenos se oian e se cumpran, é hoxe máis importante que
nunca", declarou o director executivo de UNICEF Comité
Español, Javier
Martos,
tras a firma do acordo en Barcelona.
A educación é un dereito humano fundamental e unha ferramenta decisiva para o desenvolvemento das persoas e as sociedades. Non obstante, case 58 millóns de nenos e nenas en todo o mundo non van á escola e outros tantos reciben unha educación discontinua ou deficiente. En UNICEF traballamos para conseguir que todos os nenos e nenas reciban unhaeducación básica e de calidade.
Pola súa banda, o CEO de Privalia, José Manuel Villanueva, explicou que "Privalia se sustenta en cinco valores e un dos principais é o de ser boa xente. Del naceu a nosa implicación en accións solidarias. Este é un paso máis alá, con maior compromiso e traspasando fronteiras para contribuír na educación infantil, como compañía e como equipo,".
Esta alianza é o resultado de variosanos de colaboración. Privalia vén colaborando con UNICEF Comité Español dende finais de 2012 e con UNICEF Comité Italia dende 2013, a través de iniciativas que permitiron mobilizar máis de 250.000 euros a favor de distintos programas de UNICEF.