UNICEF e Sahel presentes na plataforma BBVA Suma

A entidade bancaria BBVA lanzou recentemente BBVA Suma, unha plataforma dixital de financiamento colectivo con fins solidarios, que ofrece ao usuario a posibilidade de doar a cantidade de diñeiro que elixa, a un ou varios proxectos, dun xeito rápido e sinxelo. UNICEF participa coa crise alimentaria en Sahel.

A plataforma nace co obxectivo de financiar tanto grandes ONGs que traballan a nivel internacional en emerxencias humanitarias, como a proxectos de organizacións locais. O importe das doazóns vai directamente aos proxectos e o usuario pode visitar a web das ONGs, facerse socio delas ou revisar os seus informes de rendición de contas. O portal BBVA Suma está dividido en dúas grandes seccións. En primeiro lugar, 'Resposta Humanitaria concentra as emerxencias que están activas en todo o mundo. Actualmente pódese colaborar doando fondos para 7 emerxencias humanitarias como Costa de Marfil, Haití ou Sahel, entre outros. No segundo apartado da web, Causas Solidarias, os usuarios poden acceder á información de entidades afincadas en España que teñen proxectos solidarios, tanto a nivel local coma en países en vías de desenvolvemento. Nestes momentos son 23 as causas nas que se pode colaborar.  

Plataforma Suma BBVA

A ACCIÓN DE UNICEF EN Sahel

Dende a plataforma, o usuario poderá realizar doazóns ao chamamento deUNICEF para paliar a situación de crise que se está a vivir en Sahel. As sucesivas secas que se sucederon na rexión nos últimos anos provocaron unhaprofunda crise nutricional que xa afecta a 18 millóns de persoas. Por outro lado, o incremento da inseguridade que se está a vivir en Sahel froito dainestabilidade e do conflito en Malí está a supoñer unha agravamento da crise.UNICEF calcula que polo menos1,1 millóns de nenos menores de 5 anos se encontran en risco de morrer por desnutrición aguda grave. Otratamento custa en torno a 42 euros, o que inclúe 3 sobres de alimentación terapéutica durante un tempo que oscila entre as 4 e 6 semanas.UNICEF enviou axuda humanitaria ás catro rexións afectadas (Kidal, Gao,Mopti e Tombuctú) para cubrir as necesidades médicas de 60.000 persoas.