UNICEF e Seguros Nuez súmanse ao reto de garantir a educación en África
O proxecto Escolas para África - Mozambique forma parte dende o pasado 1 de agosto dos retos solidarios de Seguros Nuez, co obxectivo de conseguir 10.716 euros que servirán para que centos de nenos deste país africano poidan ir á escola e recibir unha educación de calidade.
Escolas para África é unha iniciativa liderada por UNICEF, a Fundación Nelson Mandela e a Sociedade de Hamburgo que busca garantir o dereito áeducación de millóns de nenos africanos.Seguros Nuez é unha nova compañía de seguros do GrupoBankinter que creou osRetos Nuez, cos que se reparten un total de300.000 euros aos distintos proxectos sociais participantes. O reto consiste en reunir o maior número posible de votos para o proxecto de cada organización.
Seguros Nuez dará6 euros por cada voto ao proxecto Escolas para África - Mozambique na páxina web webwhttp://www.nuez.es/proyecto-social/escuelas-frica.html