UNICEF envía un avión con subministracións para os nenos que sofren o conflito de Sirya

Un avión fretado por UNICEF cargado con necesidades urxentes como vacinas e alimentos complementarios para nenos en Sirya chegou a Bayrut. Estas subministracións serán trasladadas ata Sirya en camións.
O avión de carga contiña ao redor de 28,6 toneladas de subministracións, incluíndo 265.000 doses de vacinas contra sarampelo, papeiras e rubeola, e un cereal coñecido como supercereal, que é un alimento complementario e enriquecido para nenos de 6 a 23 meses de idade.

As vacinas son necesarias para repoñer as subministracións que se están a utilizar na campaña de vacinación do Ministerio de Saúde que se está a levar a cabo en Sirya.

"A campaña é especialmente importante porque está a chegar aos nenos que xa perderon a súa vacinación rutineira", dixo Youssouf Abdel-Jelil, representante deUNICEF Sirya. "A entrega das vacinas por vía aérea era a opción máis rápida neste caso. Á súa vez, o supercereal axudará a cubrir necesidades nutricionais urxentes entre algúns dos nenos pequenos máis vulnerables deSirya".

A medida que o conflito continúa en Sirya, o estado nutricional dalgúns nenos é cada vez máis precario. Os hospitais que visitou o persoal de UNICEF están a rexistrar unha tendencia ascendente no número de nenos que ingresan con desnutrición aguda moderada e grave, en comparación a hai dous anos. Os informes de aliados (organismos e organizacións que traballan con UNICEF) en áreas como as zonas rurais de Damasco, Aleppo e Homs, confirman esta tendencia.
 

"O estrés asociado ao desprazamento e o impacto da suba do prezo dos alimentos, xunto coa falta de acceso aos alimentos nalgunhas zonas, xa puxo en perigo a situación nutricional dos nenos. Espérase que o inverno empeore aínda máis a situación", dixoAbdel-Jelil.


O supercereal contén principalmente trigo e fabas de soia, enriquecidos con vitaminas e minerais esenciais, que apoian o crecemento e o desenvolvemento dos nenos nesa idade crítica, e mestúrase nunha papa nutritiva.UNICEF Sirya, xunto cos seus aliados, intentará chegar ata 50.000 nenos durante os próximos tres meses para que se beneficien deste programa de nutrición nalgunhas das zonas máis afectadas en Sirya.