UNICEF España e a Fiscalía Xeral do Estado estreitan a súa colaboración en defensa dos dereitos dos nenos

UNICEF Comité Español e a Fiscalía Xeral do Estado asinaron un convenio para consolidar o seu traballo conxunto en defensa dos dereitos dos nenos e afondar en asuntos como a pobreza infantil e a infancia emigrante.

 

Entre as accións que se pretenden afianzar con este acordo de colaboración encóntrase o curso de formación a xuíces e fiscais sobre dereitos de infanciaque UNICEF Comité Español organiza dende 2005 xunto ao Consello Xeral do Poder Xudicial, a Fiscalía Xeral do Estado e o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA).

O convenio inclúe, ademais, aspectos como:

  • A colaboración territorial. Prevese a creación de mecanismos de coordinación e comunicación entre os comités autonómicos de UNICEF e os órganos provinciais e autonómicos de Fiscalía Xeral do Estado.
  • A colaboración mutua en actividades formativas e de difusión da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) e a situación dos dereitos da infancia en España.
    Impulsar o traballo conxunto sobre algúns asuntos de interese común, como a pobreza infantil, o dereito do neno a ser escoitado, os dereitos dos nenos nosmedios de comunicación ou a infancia emigrante.
  • A creación dunha comisión de seguimento que se reunirá todos os anos para darlle seguimento.
  • O apoio mutuo na atención de consultas puntuais ou reflexión sobre temas de interese relacionados coa infancia.

Para o presidente de UNICEF Comité Español, Carmelo Angulo, "esta alianza coa Fiscalía Xeral do Estado constitúe unha excelente noticia que reforza unha relación existente dende anos cunha institución que ten, sobre a base do ordenamento xurídico español, o mandato de defender os intereses das persoas menores de idade. Estamos convencidos de que esta colaboración redundará en melloras concretas para a aplicación dos dereitos de todos os nenos e nenas en España".

Pola súa banda, o fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, subliñou a "franca, leal e vocacional colaboración do Ministerio Fiscal con todos os asuntos relevantes en defensa dos dereitos da infancia".