UNICEF España e Santillana entregan os premios 'Eu Conto'

Santillana e UNICEF Comité Español fixeron entrega dos premios Eu Conto aos finalistas do concurso de relatos e debuxos Como imaxinas un mundo mellor e máis solidario, unha iniciativa que arrancou o pasado setembro para dar voz aos nenos e mozos sobre a sociedade na que viven.

O acto, que tivo lugar no Museo de América en Madrid, contou coa participación do presidente de UNICEF Comité Español, Carmelo Angulo; o director de Educación da Fundación Santillana, Mariano Jabonero e o subdirector do Museo de América, Félix Jiménez.

 
Carmelo Angulo agradeceu o compromiso de Santillana coaparticipación infantil e a educación para o desenvolvemento. Así mesmo, dirixiuse aos nenos para pedilos que conten aos adultos o que opinan do seu pobo, cidade ou colexio, do barrio, dos parques, da crise. "Nós, os maiores,temos que escoitarvos sempre e facervos caso, ao mellor non sempre, pero si algunhas veces" dixo.

Mentres, Mariano Jabonero valorou que "este tipo de iniciativas serven para dar a palabra aos nenos e ás nenas sobre circunstancias e problemas cos que conviven nas súas familias, nos seus barrios e nas súas escolas. Acrise analízase habitualmente dende perspectivas políticas, económicas e sociolóxicas, e non sempre a partir dos sentimentos daqueles que a sofren, moi especialmente os que van ter que facer fronte á súa solución a medio e longo prazo, é dicir, os nenos".

Máis de 1.200 nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, que estudan en 50 colexios públicos e privados de distintas partes de España, participaron na iniciativaEuconto.

O concurso, a través dunha plataforma dixital, tiña como obxectivo abrir un espazo para que nenos e nenas expresen o que pensan sobre o mundo no que viven, podendo ademais suxerir ideas e alternativas que melloren a convivencia e a vida na nosa sociedade.

Este espazo con formato de blog, que naceu da colaboración entre UNICEF Comité Español e Santillana, serviu para chamar a atención sobre a importancia de ter en conta as opinións e inquietudes dos nenos e mozos, e como a súaparticipación é esencial á hora de resolver os problemas que lles afectan.
 

JUANMA LÓPEZ ITURRIAGA, novo AMIGO DE UNICEF COMITÉ ESPAÑOL

No acto tamén estiveron presentes como parte do xurado os escritores Julio Llamazares e Marisa Frisa, así como o ex xogador de baloncesto eAmigo de UNICEF Comité EspañolJuan Manuel López Iturriaga, na que foi a súaprimeira acción dende o seu nomeamento.

López Iturriaga foi nomeado Amigo de UNICEF Comité Español o pasado abril pola súa traxectoria solidaria con UNICEF e con outras organizacións, dentro do seu firmecompromiso cos dereitos da infancia. Nos últimos anos, López Iturriaga participou en iniciativas de UNICEF Comité Español como as campañasCumpledíasou as emerxencias de Sirya e Filipinas.

A entrega dos galardóns estivo amenizado por unha cuentacuentos e pola mascota da solidariedadeFredo Fox, un simpático raposo verde de mente curiosa e actitude solidaria, e comprometido co ámbito educativo.

Algúns dosfinalistas nas catro categorías (primeiro, segundo e terceiro ciclo de Primaria, e primeiro ciclo deSecundaria) leron os contos gañadores.

Todos os asistentes ao acto recibiron a primeira edición do libro Eu Conto, que recolle as historias e debuxos finalistas do concurso, e que á súa vez se distribuirá entre os centros educativos españois.