UNICEF intensifica o seu traballo ante o incremento de refuxiados sirios en Xordania

UNICEF está a intensificar o seu labor para atender aos nenos e familias sirias que están a chegar a Xordania, en áreas como a sanidade, a protección, e o acceso a auga potable e saneamento.

Unhas 17.000 persoas, a metade nenos, están acollidas no campamento de refuxiados de Za'atari, no norte de Xordania, pero a cantidade aumenta debido á chegada de centos de persoas cada día dende Sirya. Este fin de semana, nunha soa noite máis de 2.000 persoas cruzaron a fronteira. Esta cifra é case un 80% máis alta que o número de refuxiados sirios que cruzaran a Xordania en todo o día anterior. "Cremos que o campamento de Za'atarialbergará 70.000 persoas a finais deste ano", dixoDominique Hyde, Representante deUNICEF en Xordania. "Debemos actuar agora, porque son os nenos os que máis sofren. Necesitamos máis fondos con urxencia para aumentar progresivamente as nosas actividades e responder a esta emerxencia". As condicións no campamento de Za'atari son duras, con temperaturas abrasadoras, sen sombra e en medio de frecuentes tormentas de area que arrasan o campamento.UNICEF lidera a resposta para mellorar o acceso a auga e saneamento nesta emerxencia, transportando por estrada a auga suficiente para proporcionar 50 litros diarios por persoa. Debido á chegada de máis familias que aumentan a poboación do campamento, UNICEF está a construír un novo pozo, para que poidan contar cunha fonte segura de auga. Tamén está en marcha a instalación de novos inodoros, duchas e billas no campamento.

 
 

RIScO DE ENFERMiDADES

A medida que aumenta o número de nenos refuxiados, tamén o fai o risco de brotes de enfermidades. Esta semana, UNICEF está a colaborar co Ministerio de Sanidade e a Organización Mundial da Saúde para vacinar os nenos menores de cinco anos, moitos dos cales non puideron obter as súas vacinas rutineiras debido á violencia que azouta Sirya.UNICEF está a traballar cos seus aliados para establecer un programa regular de vacinación no campamento.UNICEF apoia tamén os nenos con dificultades que necesitan atención especial despois de experimentar niveis extremos de violencia en Sirya. UNICEF bríndalles apoio a través de 10 centros instalados pola rexión onde os nenos poden xogar, aprender, recuperar as súas rutinas e recibir apoio psicosocial. UNICEF taménidentifica e coida os nenos que fuxiron de Siryasen os seus pais nin familiares. "Os nenos que foxen da violencia en Sirya encóntranse en risco de sufrir problemas psicolóxicos a longo prazo sen a atención axeitada. Agora mesmo, os espazos habilitados para nenos enZa'atari teñen capacidade para uns2.500. En só uns meses, espérase que ao redor de35.000 nenos estean no campamento, polo que é urxente proporcionar máis lugares seguros e outro tipo de servizos para protexer estes nenos que xa foron expostos a moito sufrimento," engadiu Hyde.UNICEF lanzou unchamamento para captar 54 millóns de dólares (43,15 millóns de euros) que cubran asnecesidades de emerxencia dos refuxiados siriosque están no campamento de Za'atari e as comunidades estremeiras enXordania.