UNICEF intensifica o seu traballo para apoiar os miles de refuxiados sirios que cruzan a fronteira norte de Iraq

Debido á continua violencia que está a azoutar Sirya, miles de persoas están a fuxir a países veciños como Iraq, onde UNICEF e os seus aliados están a traballar con rapidez para darlles apoio e satisfacer as súas necesidades máis urxentes.

 

 
Pola recén construída ponte en Peshkhabour, na gobernación de Duhok (norte de Iraq), cruzaron o ríoTigris máis de 20.000 sirios dende o xoves e espérase que o fluxo continúe nos próximos días.

"O noso persoal no paso de fronteira de Peshkhabour, no norte de Iraq, comenta que moitos dos recén chegados están esgotados e con necesidades urxentes de auga e refuxio xa que as temperaturas de verán alcanzan os 45 graos centígrados", dixo o Representante deUNICEF en Iraq, Marzio Babille. "Xunto aos nosos aliados, estamos a facer todo o posible para garantir que todas as necesidades dos recén chegados se satisfán de inmediato" engadiu.

Dende o pasado xoves,UNICEF e o seu aliado localHarikar, distribuíron máis de 125.000 litros de auga embotellada en Peshkhabour e 4 camións cisterna traballan para cubrir as necesidades de auga potable.

UNICEF e a oficina local do Departamento de Asuntos Sociais e ACTED tamén están a apoiar ACNUR e IRC no paso de fronteira, para garantir que os nenos non acompañados e separados das súas familias sexan identificados, rexistrados e que se lles proporcione todo o apoio necesario.

UNICEF tamén distribuirá 60.000 litros de auga embotellada e 20.000 galletas aos nenos menores de 5 anos que se encontran entre os 3.000 refuxiados que agardan enKawargosh, unha zona de tránsito situada preto da cidade iraquí de Erbil.
 

A gran maioría dos que cruzan son nenos, mulleres e persoas de idade avanzada, e moitos deles xa acamparan en tendas de campaña xunto ao río mentres esperaban a que se abrise o paso de fronteira.


UNICEF, xunto a ACNURe o Goberno Rexional de Kurdistán identificaron as necesidades urxentes dos refuxiados: auga, instalacións de saneamento, zonas de sombra e servizos sanitarios que requiren as familias mentres esperan para ser rexistrados e transportado ás zonas de tránsito.


As autoridades locais están a proporcionar servizos sanitarios de emerxencia enPeshkhabour e puxeron centos de autobuses a disposición dos refuxiados para que poidan ser trasladados a Dohuk, Erbil e Suleimanyah.


Calquera persoa pode colaborar enviando unha mensaxe de texto coa palabra UNICEF ao 28028, ou realizando a súa contribución a través da web. Doa para apoiar a os nenos de Sirya aquí