UNICEF intensifica o seu traballo para chegar a máis nenos e familias de Sirya
UNICEF está a intensificar o seu traballo en Sirya e nos países afectados pola crise que sofre este país, para facer fronte ás crecentes necesidades dos nenos e as familias.
Ao achegarse o inverno, UNICEF está a ampliar as súas operacións para axudar a máis familias con calefacción, roupa para nenos e aulas prefabricadas. Ademais o próximo mesUNICEF ten previsto levar a cabo unha campaña de vacinación para protexer ata un millón de nenos contra o sarampelo e outras enfermidades.UNICEF colabora coas autoridades de saúde e educación, a Media Lúa Vermella Sirya e decenas de ONG e asociacións locais en Sirya. "Existe a percepción de que as cousas están tan mal en Sirya que non se pode facer nada e, simplemente, isto non é así", afirmaAnthony Lake, Director Executivo deUNICEF, durante unha visita ao campamento de refuxiados Za'atari preto da fronteira siria. "Estivemos no lugar antes e durante a crise, xa chegamos a centos de miles de nenos e agora temos a oportunidade de chegar a máis nenos en Sirya se contamos cos recursos axeitados".
1 millón de nenos afectados polo conflito en Sirya
Ao redor dun millón de nenos estanse a ver afectados polo conflito en Sirya, e máis de 100.000 nenos sirios desprazáronse xunto ás súas familias a Líbano, Xordania, Turquía e Iraq.UNICEF está a intensificar de xeito urxente a súa resposta de emerxencia para chegar a centos de miles de nenos con protección, auga, saneamento e hixiene, saúde e nutrición, e educación. Pero a falta de fondos está a complicar as tarefas. UNICEF fixo un chamamento por 91 millóns de dólares (70,33 millóns de euros) para as súas operacións na zona. Durante a súa visita a Xordania, o Director Executivo deUNICEF falou cos nenos e as familias que se viron obrigadas a fuxir da violencia en Sirya. Tamén se reuniu coas autoridades xordanas, aliados das axencias daONU e organizacións no locais e internacionais que están a apoiar os refuxiados sirios.