UNICEF leva axuda aos nenos afectados polo terremoto en China
A axuda de UNICEF aos miles de nenos damnificados polo terremoto de 7 graos na escala de Richter do pasado 20 de abril está a chegar ás comunidades máis afectadas da provincia de Sichuán (sueste de China).
Durante os últimos días entregouse a institucións locais aliadas de UNICEF nos municipios e condados afectados:
- Equipamento médico obstétrico e neonatal.
- Latrinas móbiles.
- Kits para testar a calidade da auga.
- Material para establecerEspazosAmigos da Infancia, que axudan aos nenos a recuperarse do estrés psico-social de provocado pola catástrofe.
"Aínda que tamén redobramos a axuda ás zonas afectadas
polo sismo, ante todo estamos a aumentar e
intensificar o que xa viñeramos facendo nesta parte deSichuán a través dos nosos
programas regulares", sinalou a Representante deUNICEF China, Gillian Mellsop.
"Este terremoto provocou un enorme volume de danos en varias comunidades e estamos a recibir informes de que moitas familias viven en tendas de campaña e refuxios temporais. A pesar de que gran parte dos danos están a ser rapidamente reparados, as vidas dos nenos volvéronse do revés", engadiu.
O equipamento médico obstétrico e neonatal está a ser distribuído pola Oficina de Saúde de Sichuán en centros de saúde dos condados de Lushán,Baoxing, Tianquan, Mingshan eYucheng. Este equipamentoservirá para axudar a manter os servizos esenciais básicos para nais e recén nacidos debido aos danos sufridos por edificios e infraestruturas.
Os kits para testar a calidade da auga xogarán un papel
crucial para axudar ás autoridades da provincia de Sichuán a controlar a calidade da auga
potable en varios puntos da rede de distribución. Estes
kits adicionais serán utilizados nos condados de Lushán, Tianquán eBaoxing, onde a infraestrutura local
se encontra moi danada.
UNICEF tamén entregou 50 latrinas móbiles para apoiar as medidas de saneamento nas zonas onde as familias están a vivir en refuxios temporais. Tendas de campaña de 72 metros cadrados que serven como espazos temporais de aprendizaxe, libros, xoguetes, kits deportivos e mobles para fortalecer e ampliar unha rede deEspazos Amigos da Infancia chegaron a semana pasada aos condados deLushán, Tianquán e Baoxing. Ademais, planéase o establecemento de dous Espazos Amigos da Infancia máis.
APOiO PSICOSOCIAL
"Despois do terremoto, os pais adoitan estar ocupados en
salvar xente, levantar tendas e solucionar os problemas de
alimentación e de necesidades básicas. A miúdo son incapaces de
prestar aos nenos a atención que necesitan", valora Yang Hai Yu, Especialista en Protección Infantil
de UNICEF.
"E todo o que para eles era familiar cambiou. Necesitan urxentemente apoio psicosocial, que llelo poden proporcionar os seus compañeiros, pais, voluntarios e traballadores dos Espazos Amigos da Infancia," engade.
"E todo o que para eles era familiar cambiou. Necesitan urxentemente apoio psicosocial, que llelo poden proporcionar os seus compañeiros, pais, voluntarios e traballadores dos Espazos Amigos da Infancia," engade.