UNICEF organiza un 'baby shower' virtual en honor ao primeiro bebé de Shakira e Gerard Piqué

Con esta iniciativa, os fans da parella poden axudar os nenos e nenas desfavorecidos no mundo a ter un comezo digno na vida por medio dunha páxina web que permite comprar regalos azuis.

A cantante e compositora de fama mundial e Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF, Shakira, e o astro do FC Barcelona Gerard Piqué invitan hoxe a todos os seus amigos e fans a que se unan a un baby shower virtual para apoiar os bebés desfavorecidos do mundo. 

"A chegada do noso primeiro bebé é un momento único nas nosas vidas, por iso quixemos invitalos ao noso baby shower en asociación con UNICEF, a través do cal poden apoiar bebés de todo o mundo que viven en condicións de pobreza extrema, co fin de ofrecerlles un comezo digno na vida", di o convite de Shakira e Gerard. "Grazas de corazón e reciban un abrazo grande".

A parella, que espera o seu primeiro bebé, decidiu compartir a súa ilusión utilizando o potencial das súas redes sociais. O baby shower virtual inclúe a participación de fans nos medios sociais que poden visitar o cuarto virtual de Shakira eGerard. Alí, os convidados poden aprender cuestións sobre a supervivencia infantil e adquirir un regalo azul para axudar aos bebés arredor do mundo a ter uncomezo digno na vida. Os regalos azuis deUNICEF son produtos reais que salvan vidas, e que se distribuirán entre os nenos e as comunidades dalgúns dos cantos máis pobres do planeta. No baby shower virtual, os regalos azuis pódense adquirir por varias cantidades: con soamente3,36 euros é posible adquirir un mosquiteiro para garantir que, mentres dormen, os nenos e nenas estean protexidos contra o paludismo, unha das principais causas de mortalidade en todo o mundo. Por 7,46 euros os convidados poden comprar vacinas antipoliomelíticaspara protexer 17 nenos e nenas contra esta enfermidade viral incurable, mentres que con 27,60 euros é posible comprar unha báscula para pesar bebés e supervisar o crecemento durante os primeiros anos fundamentais das súas vidas. O regalo máis elevado é por 82,06 euros, que servirán para adquirir alimentación terapéutica, unha pasta elaborada a base de maní que pode salvar un neno gravemente desnutrido. A desnutrición é unha ameaza constante para as vidas infantís en moitas rexións do mundo. Nestes momentos, preto de 20 millóns de nenos e nenas sofren desnutrición aguda severa, o que os sitúa en risco mortal.  

 
"Cada parella que está a esperar un bebé, comparte, ao igual que nós, os mesmos sonos e esperanzas para os seus fillos", dixo Shakira. "Non obstante, moitos deles  non

contan con as mesmas oportunidades para brindarlles unha infancia feliz libre de enfermidades prevenibles e doadamente curables. Xuntos podemos cambiar isto".

 O cuarto interactivo permite observar o labor de Shakiracon UNICEF e sitúa nun novo nivel o compromiso nos medios de comunicación social. Shakira e Gerard dan a benvida aos convidados mediante unha mensaxe en video persoal. Despois da compra dun regalo azul, recibirán unha mensaxe de agradecemento persoal por parte da parella. Ademais, fotos exclusivas de Shakira e Gerard, tomadas por Jaume Laiguana en decembro de 2012, estarán expostas na páxina web do baby shower. Ao redor de 19.000 nenos e nenas menores de cinco anos seguen morrendo no mundo todos os días debido a causas que en boa medida pódense evitar. Os regalos azuis, doados deste xeito tan especial, salvarán sen dúbida moitas vidas. A mortalidade de menores de cinco anos descendeu de preto de 12 millóns en 1990 a menos de 7 millóns en 2011. Pero aínda queda moito por facer, e os proxectos innovadores como o baby shower virtual de Shakira e Gerard conUNICEF contribuirá a reducir os niveis, inaceptablemente elevados, de mortalidade infantil.