UNICEF: os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible deben priorizar os nenos máis desfavorecidos
UNICEF fixo balance do que supuxo para a infancia os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), cando quedan menos de tres meses para que a comunidade internacional defina os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) ata 2030.
O informe de UNICEF Progreso para a Infancia:
máis alá das estatísticas considera que o mundo estará adefraudar millóns de nenos e
nenas se non sitúa os máis desfavorecidosnun lugar destacado da súa nova folla de
ruta para o desenvolvemento durante os próximos 15
anos.
"OS ODM contribuíron a que o mundo conseguise avances extraordinarios a favor dos nenos, pero tamén nos mostraron a cantos estamos a deixarmarxinados. As vidas e o futuro dos nenos e nenas máis desfavorecidos son importantes non só para eles, senón tamén para as súas familias, as súascomunidades e as súassociedades", valorou o director executivo de UNICEF, Anthony Lake.
"OS ODM contribuíron a que o mundo conseguise avances extraordinarios a favor dos nenos, pero tamén nos mostraron a cantos estamos a deixarmarxinados. As vidas e o futuro dos nenos e nenas máis desfavorecidos son importantes non só para eles, senón tamén para as súas familias, as súascomunidades e as súassociedades", valorou o director executivo de UNICEF, Anthony Lake.
LOGROS PARA A INFANCIA
O informe revela numerosos e notables logrosconseguidos para a infancia dende1990:
- A taxa de mortalidade infantil (nenos menores de cinco anos) reduciuse máis da metade: de 90 a 43 por cada 1.000 nacidos vivos.
- A desnutrición crónica infantil diminuíu un41%.
- A taxa de mortalidade materna caeu un 45%.
- Unhas 2.600 millóns de persoas obtiveron acceso a fontes melloradas de auga potable.
DESAFÍOS PARA MILLóNS DE NenOS
Non obstante, a pesar dos resultados alcanzados, cada ano case6 millóns de nenos morren antes do seu quinto
aniversario, unhas 289.000 mulleres perden a vidadurante o parto e uns 58 millóns de nenos non van á
escola primaria.
Seguir desatendendo estes nenos pode ter consecuencias dramáticas. Tomando a taxa actual de progreso e o crecemento previsto da poboación, estímase que:
Seguir desatendendo estes nenos pode ter consecuencias dramáticas. Tomando a taxa actual de progreso e o crecemento previsto da poboación, estímase que:
- En 2030 haberá 68 millóns de mortes adicionais de nenos menores de cinco anos por causas que se poden evitar.
- En 2030, 119 millóns de nenos seguirán sufrindodesnutrición crónica.
- En 2030, 500 millóns de persoas seguirándefecando ao aire libre.
- Necesitarase case un século para que todas asnenas das familias máis pobres de África subsahariana rematen a súa educación secundaria básica.
PROPoSTAS DE UNICEF
Por todo iso, UNICEF formula
unha serie de medidas, entre elas:
- Unha mellor recompilación e desagregación dos datos -máis alá das medias, como as que se utilizan para medir os ODM- permitiría identificar aos nenos e nenas máis vulnerables e excluídos, así como os lugares onde viven.
- Sistemas máis sólidos de saúde, educación e protección social a nivel local contribuirían a que máis nenos sobrevivan e prosperen.
- Investimentos máis intelixentes e adaptados ás necesidades da infancia en condición de maior vulnerabilidade poderían reportar beneficios a curto e longo prazo.
"Os ODS representan unha oportunidade para aplicar as leccións que aprendemos e chegar aos nenos máis vulnerables. Esperemos non nos ter que avergonzar por non o facer. Pois máis igualdade de oportunidades para a infancia de hoxesignifica menos inequidade e máis progreso para o mundo o día demañá", sinalou Anthony Lake.