UNICEF pide a liberación para as nenas secuestradas en Nixeria
Ao redor de cen nenas foron capturadas o pasado luns cando se encontraban nun internado en Chibok, no estado de Borno, en Nixeria.
O ataque contra a escola tivo lugar horas despois de que máis de 70 persoas morresen nun atentado con bomba contra unha estación de autobuses no barrioNyanyan, preto da capital,Abuja. Este secuestro súmase á traxedia do pasado mes de febreiro, cando un grupo de homes armados non identificados mataron 53 nenos de entre 13 e 17 anos no Colexio do Goberno Federal de Buni Yadi, no estado deYobe.UNICEF mostra a súa profunda preocupación polos constantes ataques a escolas en Nixeria, xa que estes feitos violan o dereito dos nenos a ter acceso a educación nun ámbito seguro e compromete o seu futuro.UNICEF expresa a súa máis profunda solidariedade a todas as comunidades afectadas por estes horribles actos, e únese á dor das familias dos nenos secuestrados nestes tempos difíciles. A axencia pide que se faga o posible para protexer a todos os nenos de Nixeria.O goberno de Nixeria debe adoptar con urxencia as medidas necesarias para garantir a liberación dos nenos e que sexan devoltos sans e salvos ás súas familias, para que poidan continuar a súa educación nun ambiente seguro.