UNICEF pide o cesamento da violencia contra os nenos no sur de Thailandia
UNICEF insta a un inmediato cesamento da violencia contra os nenos nas provincias do sur de Thailandia, onde unha nena de 11 meses faleceu o martes xunto a outras catro persoas nun ataque a unha tetería na provincia de Narathiwat.
Bijaya Rajbhandari, Representante de UNICEF en Thailandia, referiuse aos asasinatos como "un acto tráxico, sen sentido e inaceptable" e fixo un chamamento a todas as partes involucradas "a utilizar todos os medios dispoñibles para poñer fin á violencia e garantir que todos os nenos están protexidos. "A nena, Infani Samo, foi asasinada o martes pola mañá cando uns homes armados tirotearon unha tetería no distrito de Narathiwat Rangae.Máis de 50 nenos foron asasinados e unhas 340 persoas resultaron feridas nas provincias do sur de Thailandia dende o resurximento da violencia en xaneiro de 2004. En total, máis de 5.000 persoas perderon a vida como resultado da violencia. A finais de outubro deste ano, un neno de 11 anos faleceu xunto ao seu pai cando uns homes armados dispararon á súa camioneta no distrito de Yala Raman. "Cada vez que un neno é asasinado ou ferido, cada vez que un neno perde un proxenitor ou parente, e cada vez que as súas escolas e profesores son atacados, máis nenos do sur sofren", dixoRajbhandari. "Poñer fin á violencia é o único xeito de garantir que os dereitos de todos os nenos do sur están totalmente protexidos e respectados".