UNICEF pide que se protexa os nenos de Gaza e Israel
UNICEF mostra a súa profunda preocupación pola deterioración da situación en Gaza e Israel e o seu impacto nos nenos.
Nos dous últimos días, seis nenos palestinos de entre 10 meses e 15 anos morreron debido a ataques aéreos a Gaza, e 60 resultaron feridos. Outro neno palestino foi abatido por un foguete que caeu preto del.Gaza encóntrase cercada polo que os cidadáns non poden fuxir. No sur de Israel, as escolas que se encontran a 40 quilómetros da Franxa de Gaza permanecen pechadas debido ao lanzamento indiscriminado de foguetes. Os ataques con foguetes e avións están a poñer os nenos e as súas familias en situación de risco, deixándoos expostos a dano físico e angustia mental.UNICEF fai un chamamento a todas as partes para que fagan todo o posible por actuar coa máxima moderación e para que protexan os dereitos e o benestar de todos os nenos.