UNICEF prepárase para que máis de 500.000 nenos de Malí regresen á escola
Debido ao comezo do novo curso escolar en Malí a partir do 1 de outubro, UNICEF está a traballar para que poidan volver ás aulas máis de medio millón de nenos cuxas vidas foron interrompidas polo conflito, as inundacións estacionais e a crise alimentaria.
En todo o país,preto de 9.000 mestres recibirán cursos de formación este ano académico 2013-2014. Ademais, crearanse espazos temporais de aprendizaxe e repararanse as escolas que sufriron danos. Uns 15.000 alumnos utilizarán o novo mobiliario adquirido para rehabilitar as aulas.
"Este ano escolar enMalí ten que ser diferente ao anterior, polo que temos que facer todo o posible para que os nenos regresen á escola," dixo Françoise Ackermans, Representante de UNICEF en Malí. "Este é un momento crítico. Pasou menos dun mes dende as eleccións, así que a poboación de Malí está moi interesada na reconstrución do seu país para regresar á súa vida normal. Eles saben que a educación é a pedra angular deste proceso de reconstrución. Hai algún signo máis evidente de que as cousas volven á normalidade que ver a unha nena e un neno camiñando á escola pola mañá? ", asegurouAckermans.
800.000 nenos de Malí tiveron que interromper os seus estudos
Françoise Ackermans visitou recentemente as escolas de Gao, onde 168 nenos estaban sentados no chan da clase. "No norte, moitas escolas foron saqueadas e os nenos a miúdo non teñen outra opción que sentarse no chan durante a clase. Máis da metade das escolas enTombuctú e Gao aínda necesitan materiais escolares e de ocio, como cadernos e mesas", asegurou.
"O meu primeiro día de clase, o curso pasado, fíxome moi feliz. Pero agora non temos nada", di Aminata, de 12 anos, que viven en Tombuctú. "O medo foise, pero temos un montón de preocupacións. As clases están aí, teño moitos compañeiros que se quedaron e outros que van comigo á escola pero non temos nada. Os cadernos de UNICEF non son suficientes para nós. Gústame estar cos meus compañeiros de clase. Gústame a billa que hai no patio porque nos dá auga potable. A nosa escola é moi antiga. Gustaríame que a miña escola se puidese modernizar. Quero que UNICEF quede connosco na escola '' ' dixoAminata.
Nos campos de refuxiados situados en Mauritania, Burkina Faso e Níxer, UNICEF tamén está a traballar cos gobernos e outros aliados para proporcionar a 42.973 nenos de Malí educación formal e informal. En Mauritania, 7.166 nenos refuxiados reciben educación formal e informal e case o 70 por cento deles aprobaron os seus exames finais o ano escolar 2012-2013.
Durante todo o verán,espérase que preto de 4.900 nenos refuxiados en idade escolar asista a clases de apoio. UNICEF tamén axudou a que Ministerios de Educación de Malí, Níxer, Burkina Faso e Mauritania garantan a integración dos estudantes refuxiados nos seus sistemas educativos, o que lles permitirá seguir con maior facilidade a escola unha vez que regresen a Malí.
Para Aminata -ao igual que moitos outros nenos deMalí-, volver e rematar os estudos sementeira o camiño a un futuro mellor. "Pensei no futuro. O meu mestre díxome que se quero, podo. Creo que o meu futuro será garantido", agregou.
ATENDER AS NECESIDADES EDUCATIVAS DOS NenOS
Este ano, UNICEF necesita 21 millóns de dólares para atender as necesidades educativas inmediatas dos nenos malienses que se encontran en Malí, Mauritania, Burkina Faso e Níxer. Ata xullo de 2013, só se recibiu o 38% destes fondos. En Malí, só se recibiu o 27% dos 12 millóns de dólares dos fondos requiridos para dar acceso á educación durante a emerxencia.
Necesítanse con urxencia
fondos para garantir que os nenos afectados pola crise enMalí teñan acceso continuo a unha
educación de calidade. A falta de fondos pode facer perigar a
capacidade de UNICEF e os seus aliados
para apoiar o Ministerio de Educación no seu esforzo por lograr que
os nenos volvan á escola.