UNICEF traballa para que os nenos de Sirya poidan volver á escola

Dende o pasado curso académico, case dous millóns de nenos sirios abandonaron as aulas. Un millón son refuxiados agora e está a resultar moi difícil apoialos para que volvan as escolas.

"Para un país que antes de que comezase o conflito estaba a punto de lograr a educación primaria universal, as cifras son alarmantes", dixo Maria Calivis, Directora Rexional de UNICEF en Oriente Medio e o Norte de África. "Os pais dinnos que queren que os seus fillos continúen os seus estudos" engade Calivis.
 
unicef traballa dentro e fora de sirya

Aínda que está previsto que empecen a reabrir as escolas en Sirya e nos países veciños nas próximas semanas, facer que os nenos regresen ás aulas é unha tarefa enorme.


En Líbano, o goberno estima que a finais deste ano haberá preto de 550.000 nenos sirios en idade escolar no país, ademais dos 300.000 nenos libaneses matriculados. Non obstante, só o 15 por cento dos nenos sirios refuxiados están inscritos nos sistemas formais ou informais de educación.


En Xordania, preto de tres cuartas partes dos nenos sirios en idade escolar non van á escola. Dos 30.000 nenos en idade escolar que viven no campamento de refuxiados de Za'atari, só 15.000 están matriculados na escola.


En Iraq, nove de cada 10 nenos refuxiados que viven en comunidades de acollida non van á escola. Nas últimas tres semanas chegaron máis de 50.000 novos refuxiados á rexión do Kurdistán, a metade deles son nenos que necesitan apoio para seguir estudando.

 
AS NECESIDADES NOn DEixAN DE AUMENTAR
Os nenos enfróntanse a desafíos importantes para ir á escola: o aumento da violencia en Sirya, problemas co idioma, dificultades nos accesos, a seguridade, a pobreza e a tensión constante. Ante todos estes retos, UNICEF está a duplicar os seus esforzos para que os nenos regresen ás aulas de xeito seguro.

EnSirya, púxose en marcha un programa de autoaprendizaxe nos fogares afectados polo conflito.

EnLíbano, instaláronse aulas en autobuses que chegan tanto a nenos libaneses coma aos refuxiados sirios.

EnXordania, os imáns e líderes comunitarios están a axudar a promover o regreso ás escolas. Ademais, estanse a crear aulas, contratando profesores e distribuíndo materiais de construción e mobiliario escolar.

En Iraq, estanse a instalar con rapidez aulas temporais en tendas de campaña para dar cabida ao alto número de refuxiados que seguen chegando.

Debido ás necesidades crecentes, necesítanse máis fondos para proporcionar acceso á educación aos nenos sirios. Dos 356,69 millóns de euros solicitados por UNICEF para dar resposta á crise de Sirya, só se recibiron 122,28 millóns de euros.

Calquera persoa pode colaborar enviando unha mensaxe de texto coa palabraUNICEF ao28028, ou realizando a súa contribución a través da web: www.unicef.es/siria

Para máis información sobre o traballo de UNICEF dentro de Sirya e nos países que acollen refuxiados, pica aquí.