Vacinación contra a polio en Costa de Marfil
Púxose en marcha en Costa de Marfil unha campaña de vacinación contra a poliomielite apoiada por UNICEF. O obxectivo é inmunizar 7 millóns de nenos menores de cinco anos.
Dende o comezo do ano, confirmáronse 34 casos de poliovirus salvaxe tipo 3 no país. Como consecuencia da inseguridade rexistrada no país tras as eleccións presidenciais, os servizos rutineiros de vacinación víronse prexudicados. Por esta razón e para asegurar o éxito da campaña, todos os aliados se mobilizaron para garantir que os sete millóns de nenos reciben a súa dose de vacina."As comunidades están informadas sobre a poliomielite e o importante que é a vacinación para protexer os nenos desta enfermidade, afirma Brigitte Toure, Especialista en Saúde de UNICEF. "Xunto cos nosos aliados temos que asegurarnos que todo o proceso loxístico, con máis de 13.000 equipos de vacinación en todo o país, se leva a cabo sen problemas de maneira que non quede nin un neno sen vacinar".
Maximizar o impacto
A polio é unhaenfermidade altamente contaxiosa que pode deixar aos nenos paralizados. Para maximizar o impacto da campaña,UNICEF está a traballar para estender as vacinas aos nenos acabados de nacer e concienciar sobre anecesidade de lavarse as mans para reducir a propagación da enfermidade. "Para parar a epidemia, estamos a pedir o apoio de pais e coidadores para asegurarnos que se vacinan a todos os nenos", afirmou Christina de Bruin, Representante Adxunta de UNICEF en Costa de Marfil. "Temos que traballar xuntos para cumprir co prazo global de erradicar o virus da polio tipo 3 para finais de 2011, e asegurar que se cumpre o dereito dos nenos á saúde, a supervivencia e, en particular, á vacinación".