Vacinas para os nenos de Sirya
En Sirya, ao redor de 500.000 nenos non foron vacinados contra a polio nos últimos dous anos debido á inseguridade e ás restricións de acceso. Antes do conflito, a cobertura de inmunización en Sirya era de aproximadamente un 95 por cento.
Mentres se confirman algúns posibles casos de
polio ao leste de Sirya, UNICEF xunto á Organización Mundial da Saúde e
outros aliados están a levar a cabo unha importante campaña
de vacinación destinada a protexer da polio e outras
enfermidades prevenibles aos nenos
afectados polo conflito.
A campaña de vacinación, liderada polo Ministerio de Saúde que ten como obxectivovacinar 2,4 millóns de nenos contra a polio, o sarampelo, aspapeiras e arubeola.
os nenos de Sirya tieñen maior risco de contraer enfermidades
O conflito en Sirya provocou unha gran cantidade de
desprazamentos, obrigando millóns de nenos a moverse a diferentes
zonas dentro do país ou cara a países veciños. Como resultado, os
sistemas rutineiros de vacinación interrompéronse ou cortaron a
pesar de ser moi importantes para evitar enfermidades evitables,
polo que os nenos teñen agora un maior
risco de contraer enfermidades como a
poliomielite e o sarampelo.
UNICEF está a distribuír unha gran cantidade de subministracións para asegurar que as vacinas chegan a toda a rexión, e apoiar así os aliados en todos os sectores para que poidan concienciar as comunidades sobre a importancia de vacinar os nenos.
Ata final de ano levaranse a cabo múltiples campañas de vacinación contra a poliomielite e outras enfermidades prevenibles dentro de Sirya e en toda a rexión.